Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Narón: presentación de Salseiros, de Suso Lista
Mondoñedo: presentación de Manuel Leiras Pulpeiro. O poeta e o cidadán ao cabo dun século
O
sábado 8 de novembro, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo, preséntase Manuel Leiras Pulpeiro (1854–1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século, nado a raíz das xornadas celebradas en Mondoñedo sobre Leiras no 2012 conmemorando os 100 anos do seu pasamento, e que conta coa colaboración de Xe Freyre e Abel Vigo -como coordinadores-; pero tamén con Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, Isabel Morán Cabanas, Camiño Noia Campos, Antonio Reigosa Carreiras, Ramón Reimunde Noreña, Armando Requeixo, Alicia Tella Villamarín e Xosé Ramón Veiga.
Vigo: presentación de O Gran Reino, de Eduardo Santiago
O
venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase O Gran Reino, de Eduardo Santiago, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Compostela: presentación de A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia, de Henrique Monteagudo
Lugo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
O
venres 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, que estará a cargo de Ana Carreira Varela, representarase o espectáculo Womanizer, dirixido por Rubén Pérez Pombo, coa actuación de María Grandío e Brian Rodríguez Costas.
A Coruña: presentación de Poesias Escolhidas (I). Vozes de uma Alma
A
sexta feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poesía Poesias Escolhidas (I). Vozes de Uma Alma. No acto, presentado por Manuel Miragaia, participan Adela Figueroa e José Estévez.
Ferrol: presentación de Breve História do Reintegracionismo, de Tiago Peres
A
sexta feira 7 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundaçom Artábria (Travesa de Batallóns, 7) de Esteiro, Ferrol, preséntase Breve História do Reintegracionismo, de Tiago Peres Gonçalves, publicado por Através Editora. No acto, xunto ao autor, participa Maurício Castro.




