Inglaterra: os BBC Singers cantarán un poema de Rosalía de Castro

ORosalía de Castro Galician Songs xoves 15 de xaneiro, os BBC Singers han cantar en galego, durante un concerto adicado á música iberoamericana. Será unha peza do compositor británico Daniel Saleeb da que a letra está tomada do refrán e da primeira sección do poema ‘As de cantar’ de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Han cantar a letra en galego (segundo a edición definitiva de 1872) e na tradución inglesa de Erín Moure (segundo a edición inglesa de Small Stations Press-Xunta de Galicia).
O concerto hase emitir na Radio 3 británica, e pódese escoitar en directo a partir das 19:30 hora local (20:30 hora en Galicia) ata as 22:00 h., ou en diferido durante unha semana despois da data do concerto, nesta ligazón.

Entrevista a Ledicia Costas sobre Escarlatina, a cociñeira defunta

DesdeLedicia Costas o Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos coa escritora Ledicia Costas sobre o éxito entre o público infantil do premiado Escarlatina, a cociñeira defunta. A entrevista pódese escoitar aquí.”

Entrevista a Xosé Ramón Pena arredor de Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento

DesdeXosé Ramón Pena o Diario Cultural da Radio Galega:
“O investigador Xosé Ramón Pena analiza o Rexurdimento no segundo volume da Historia da Literatura Galega: Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, publicado por Xerais. A entrevista pódese escoitar aquí.”

Radiocrítica do 01-12-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 1 de decembro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de Somnámbulos, de Suso de Toro (0:20); Manuel Antonio. Obra completa. Poesía, en edición de Xosé Luís Axeitos (10:25); Valente Vital. Ginebra, Saboya, París, de Claudio Rodríguez Fer, Tera Blanco de Saracho e María Lopo (15:20) e Pasen e miren, de María Canosa e Dani Padrón (20:30).

Pódese escoitar directamente aquí.

Pontevedra: programa de actividades do Culturgal 2014

PROGRAMA-CULTURGAL-2014