O
luns 20
de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Berta Dávila e o poeta do Singapur Alvin Pang. Máis información aquí: Folleto Di(n)versos outubro 2014.
Arquivo da categoría: Recitais
Lugo: presentación de Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias
O
venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4), preséntase Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Antonio Reigosa e Paco Souto.
Cork, Irlanda: Readings from the periphery, con Marta Dacosta, Isaac Xubín e Harkaitz Cano
Este acontecemento reúne tres escritores de Euskadi e Galiza para falar da importancia de escribir hoxe en día nas chamadas linguas minoritarias. A xornada comezará con dous seminarios sobre aspectos diferentes das literaturas vasca e galega contemporáneas, seguidos dunha lectura de poesía. Organizado polo Centro de Estudos Galegos de Irlanda e o Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos, UCC, esta actividade conta coa participación da AELG, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A admisión ás dúas sesións é libre.
“O Centro Irlandés de Estudos Galegos da University College Cork organiza o venres 17 de outubro un seminario de investigación sobre literatura galega con Marta Dacosta, titulado Huellas de Rosalía, sobre a influencia de Rosalía na poesía galega e as voces actuais das mulleres na poesía galega: Como son as voces das poetas galegas hoxe en día? Son as estratexias de comunicación coas editoriais as mesmas que as que se utilizaban na época da célebre escritora? A continuación realizarase un seminario sobre literatura vasca con Harkaitz Cano: La literatura vasca: un mapa de los márgenes, ao que seguirá unha lectura de poemas en galego e éuscaro cos poetas Marta Dacosta, Harkaitz Cano e Isaac Xubín na Biblioteca Central de Cork, acompañado por unha recepción con viño.”
Vigo: recital poético en homenaxe a Rosalía de Castro
Betanzos: recital poético con Manuel Álvarez Torneiro e Luís Rei Núñez
O
xoves 16 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, terá lugar un recital poético coa participación de Manuel Álvarez Torneiro e Luís Rei Núñez, quen lerán poemas dos seus libros, publicados en Faktoría K, Os ángulos da brasa e Onde nunca é mañá, e Estrela do norte.
Madrid: recital poético coa participación de Oriana Méndez, dentro de Tinta Roja
O
mércores 15 de outubro, ás 19:30 horas, na libraría La Central (Callao) de Madrid, terá lugar un recital poético coa participación de Oriana Méndez e Noni Benegas, nunha nova edición de Tinta Roja, coordinada por Ana Cibeira. A entrada é libre e gratuíta para o público interesado.
Pontevedra, Vigo e Redondela: Con barqueira e remador
O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador reúne na súa terceira edición e durante unha semana na Illa de San Simón, en Redondela, sete recoñecidos poetas e, á vez, tradutores literarios procedentes de diversos países.
Baixo a coordinación de Yolanda Castaño e do vindeiro 13 ao 18 de outubro, Karlis Verdins (Letonia), Katerina Rudcenkova (República Checa), Leire Bilbao (Euskadi), Marilar Aleixandre (nacida en Madrid e cuxa obra literaria desenvolveu en galego), Alvin Pang (Singapur), Catharina Gripenberg (Finlandia) e Cosmin Perta (Romanía) terán oportunidade de compartir un enriquecedor traballo de transvasamento lingüístico dos seus textos aos distintos idiomas presentes no obradoiro, co inglés como lingua vehicular.
O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia, concibida a semellanza das que se realizan noutros países, que se completa cunha programación de actividades abertas a todo o público e gratuítas. A primeira delas terá lugar o 15 de outubro, ás 20:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra, onde terá lugar un recital poético multilingüe en colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra, cunha mostra do traballo poético dos autores e autoras do obradoiro como do labor de tradución ao galego durante o proxecto.
Ao día seguinte, ás 13 horas, celebrarase na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo unha mesa redonda sobre a tradución poética, que se acompañará cun recital. Outra lectura poética, neste caso de cada un dos poetas no seu idioma orixinal xunto coas versións en galego dos textos recitados, poralle o broche de ouro ao obradoiro o venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela.
Nova York: participación en recitais e presentación de Memoria de abril, de Francisco X. Fernández Naval
Entre
o 15 e o 17 de outubro, en Nova York, Francisco X. Fernández Naval participará en diversos recitais poéticos multilingües. O día 17 tamén se presentará o libro bilingüe galego-castelán Memoria de abril, publicado por Artepoética Press, editado por Teresa Seara. O programa completo pódese descargar aquí: Programa Nova York outubro 2014 Francisco X. Fernández Naval.
Vilares de Parga, Guitiriz: Díaz Castro na memoria, homenaxe a Xosé María Díaz Castro
O
martes 14 de outubro, ás 18:00 horas, na casa natal de Xosé María Díaz Castro, do Vilariño nos Vilares de Parga, en Guitiriz, terá lugar o acto Díaz Castro na memoria, durante o cal a Deputación de Lugo inaugurará unha escultura de Ramón Villar dedicada ao autor. Participan na homenaxe os poetas Luís González Tosar e Xavier Rodríguez Barrio, xunto a varias autoridades.
Melide: I Roteiro de Música e Poesía
Sairá da Praza do Convento ás 11:30 horas e, previa visita ao Museo, levarán música e versos á Praza das Coles, Castelo, A Moa, San Pedro, Biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor, Parque Rosalía de Castro e cruceiro e capela de San Roque.
Algúns dos participantes serán: Xosé Vázquez Pintor, Antom Laia, Xulio Álvarez, Xosé Iglesias, Yeiko, Chago Prado, François Davo, María José Fernández López, Ánxela López, Rodrigo Osorio, Paco Veiga, Soqui Cea, Xosé García Rodríguez, Teresa Ramiro e Diego QS, entre outros. Haberá música a cargo de Xurxo Souto, Carlos Da Aira, Pepiño Blanco, etc.
