O
sábado 25 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa Charry (Praza de Galiza, s/n.) de Oleiros, terá lugar un recital do Colectivo A porta verde do sétimo andar. Como parte do acto, presentaranse os Q de Vian, cadernos que promove o Colectivo, a aportación musical do cantautor Miguel Alonso e presentarase a novela de Kiko Neves O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax.
Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: VIII edición dos Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e artes plásticas
O venres
24 de xuño, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, terá lugar a VIII edición dos Encontros Milpedras, coa participación poética de Celso Álvarez Cáccamo, Estíbaliz Espinosa e Branca Novoneyra, en paralelo á música de Karlos Barral e Alberto Laso, e a intervención dos artistas plásticos Carlos Botana e Nando Lestón.
Santiago: recital Mariñeiros de porcelana, de Elías Portela
O
mércores 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16) de Santiago de Compostela, terá lugar o recital poético Mariñeiros de porcelana, de Elías Portela, onde lerá fragmentos dos seus poemarios en galego Cos peitos desenchufados e Imaxes na pel, así como algúns dos seus poemas en islandés.
Santiago: I Festa dos Livros Novos
Santiago: recital poético Expulsadas do Parnaso
O
venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes (Rúa Manuel Beiras, 3) de Santiago de Compostela, terá lugar o recital poético Expulsadas do Parnaso, coa participación de Andrea Nunes Brións e Raquel Rei (As Candogas do Quirombo), Ania González, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Ledicia Costas Álvarez, Olalla Cociña, Dores Tembrás, Raquel Rei e Teófila Noemí Ruiz. Segundo comentan os seus promotores: “Poetas de diferentes xeracións e estéticas reúnense co público nunha escoita e espazo non convencionais. Voz, xesto e audiovisuais achegarán a obra destas mulleres que comparten a palabra como canle para dicir pero de xeitos moi diversos”. O acto enmárcase nas xornadas Que ves cando me ves?, que buscan visibilizar e dar voz á muller na produción cultural galega, e promover a reflexión crítica da cidadanía. As xornadas continuarán o sábado 18 coa celebración dun evento central, entre as 11:00 e as 14:30 h., nunha carpa na praza Roxa de Santiago onde se fará estampación en directo de mandís e bolsas da compra con lemas e motivos que traerán a Santiago o espírito do maio francés. Alí haberá tamén contacontos, stands de revistas e editoriais e outros espectáculos sempre abertos á participación do público. Ese mesma mañá o Colectivo Artístico 20 65 levará a cabo unha instalación-performance coa colocación de 300 globos no chan que o público axudará a liberar, unha metáfora do teito de cristal que obstaculiza a ascensión das mulleres nos seus proxectos persoais e profesionais.
A Coruña: recital poético con Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes, María Rosendo e Calros Solla
O
xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, no Bar A Repichoca (Rúa Orillamar, 13) da Coruña, terá lugar un recital poético organizado por Tinta de Lura, que contará coa participación de Estíbaliz Espinosa, Andrea Nunes Brións, María Rosendo e Calros Solla.
Marín: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado
O
domingo 12 de xuño, ás 20:00 horas, como parte da programación do Ciclo Artes no Mercado de Abastos de Marín que organiza a Central Folque, Lucía Aldao e María Lado achegarán o seu espectáculo Moita poesía, pouca diversión, como parte da programación do ciclo Artes no Mercado de Abastos que organiza a Central Folque.
Vigo: nova edición do Círculo Poético Aberto
O
sábado 11 de xuño, ás 21:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar unha nova edición do Círculo Poético Aberto promovido polo Grupo Penúltimo Acto, no que se presentará unha revista conmemorativa.
Vilaboa, Culleredo: lectura de Animal abismo, de Diana Varela Puñal
O
mércores 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), terá lugar a lectura do libro Animal abismo, de Diana Varela Puñal, coa presentación de Miguel Anxo Fernán-Vello.
Santiago: presentación de Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
O
martes 7 de xuño, ás 20:00 horas, na Sala de presentacións da Editorial Follas Novas (fronte á librería, Rúa Santo Domingo da Calzada, 1 entrechán), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Materia infinita, de Xoán Carlos Domínguez Alberte, publicado na colección Libros da Frouma de Follas Novas Edicións. No acto interveñen Luís Alonso Girgado, Anxo Pastor, Baldo Ramos e o propio autor, quen ofrecerá unha lectura dos seus textos.