Paseos virtuais pola Coruña Literaria 2021

Os Paseos virtuais pola Coruña Literaria 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Volven os Paseos que quedaran cancelados por mor da pandemia. Debido á situación sanitaria, os contidos foron gravados e os paseos, de carácter virtual e audiovisual, poden verse na web de Normalización Lingüística do Concello da Coruña as redes sociais. Permanecerán visibles durante un mes desde a primeira emisión de cada un deles.
Estes Paseos virtuais pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e protagonistas para esta primavera. María CanosaOlivia Rodríguez González, África López Souto e Xosé Antón Bocixa con Emma Pedreira levarannos, de maneira virtual, por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras.

O calendario é o seguinte:
– 11 de marzo, con María Canosa. Peregrina na miña cidade. O paseo rememorará a visión de dúas protagonistas dos últimos libros da autora. Na obra á que fai referencia o título do paseo, a protagonista chega á cidade por mar e sentirase atraída por todo aquilo que é a fachada da cidade pero tamén polo que queda ás súas costas. A segunda protagonista vive dentro da cidade e transita os espazos menos pintorescos e máis prosaicos, o día a día, a cidade que se “usa”. Pode verse aquí.

– 18 de marzo, con Olivia Rodríguez. A Coruña de Luz Pozo Garza. Faremos un percorrido polos espazos vitais e poéticos de Luz Pozo Garza na nosa cidade e deterémonos naqueles lugares máis significativos na súa traxectoria. Poderá verse aquí.

– 25 de marzo, con África López. Concepción Arenal na Coruña: escoitando as ‘malas mulleres’. Faremos un percorrido aberto e participativo pola presenza de Concepción Arenal na nosa cidade, incidindo nas súas perspectivas en relación a unha visión humanitaria do castigo, a potencia da amizade entre mulleres, centrada na súa relación con Juana de Vega, e o legado que deixou a súa vida e obra na nosa cidade. Poderá verse aquí.

– 1 de abril, con Xosé Antón Bocixa e Emma Pedreira. O éxodo, a ruína. Un paseo pola poética da memoria e da casa baleira e abandonada e que fica no silencio da ruína, desde o audiovisual ao literario, coa mirada diversa e complementaria destes creadores. Poderá verse aquí.

Santiago: roteiro Rosalía en Compostela, o 27 de febreiro

A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, en colaboración coa A. C. O Galo, organiza un roteiro sobre “Rosalía en Compostela”, guiado por Francisco Rodríguez.
Terá lugar o sábado 27 de febreiro de 2021 ás 17.00 horas, sendo o punto de encontro o monumento adicado a Rosalía na Ferradura. Por mor da situación sanitaria do momento, as prazas son moi  limitadas (un total de 15 persoas) pola que se prega que se envie a solicitude de inscrición ao correo electrónico comunicacion@ogalo.gal antes das 23.00 horas do día 24 de febreiro de 2021, sendo total e absolutamente imprescindíbel que cada persoa que se anote indiquen nese apuntamento:  nome, dous apelidos, número do DNI, correo electrónico e telefóno, por mor das normas Covid. A admisión será dacordo coa rigorosa orde dos correos recibidos e terán preferencia as persoas asociadas á A. C. O Galo. As persoas que acaden praza recibirán un correo electrónico de aviso antes das 23.00 h do día 25.02.2021. Prégase que, en caso de renunciaren á praza, o comuniquen canto antes á A. C. O Galo para poder avisar as persoas en lista de espera. Aquelas que non reciban un correo de confirmación da praza non están admitidas. É obrigatoria a asistencia con máscara e mantendo as normas de seguridad contra a Covid-19.

Crónica fotográfica do Roteiro Literario por Muxía, guiado por Xan Fernández Carrera

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Literario por Muxía, que guiou Xan Fernández Carrera o sábado 26 de decembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Crónica fotográfica do Roteiro Literario por Cee, da man de Concha Blanco

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Literario por Cee, que guiou  Concha Blanco o sábado 26 de decembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Roteiro Literario por Cee, con Concha Blanco

O Roteiro Literario por Cee, con Concha Blanco, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Cee.
Esta actividade forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. Posteriormente, o texto dos roteiros será subido á páxina web da AELG, quedando así a disposición da cidadanía.

A inscrición é de balde e obrigatoria, para un máximo de 5 persoas. Farase no correo electrónico oficina@aelg.org.
O roteiro terá lugar o sábado 26 de decembro, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de saída o CEIP Eugenio López (Rúa da Escola, 9, Cee).
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento. Será preciso cumprir coa distancia de seguridade e o uso de máscaras.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Roteiro Literario por Muxía, con Xan Fernández Carrera

O Roteiro Literario por Muxía, con Xan Fernández Carrera, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Muxía.
Esta actividade forma parte desta iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. Posteriormente, o texto dos roteiros será subido á páxina web da AELG, quedando así a disposición da cidadanía.

A inscrición é de balde e obrigatoria, para un máximo de 5 persoas. Farase no correo electrónico oficina@aelg.org.
O roteiro terá lugar o sábado 26 de decembro, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de saída o edificio do Concello (Rúa Real, 35, Muxía).
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento. Será preciso cumprir coa distancia de seguridade e o uso de máscaras.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Crónica fotográfica do Roteiro Literario por Lugo con Luz Darriba

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro das letras violetas, enmarcado nos Roteiros Literarios por Lugo 2020, que guiou Luz Darriba o sábado 21 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Crónica fotográfica do Roteiro Literario por Lugo con María Casar

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Eis umha flor para o lume e o mar, sobre Carvalho Calero, enmarcado nos Roteiros Literarios por Lugo 2020, que guiou María Casar o sábado 14 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Completas as prazas para os Roteiros Literarios por Lugo 2020

Os Roteiros Literarios por Lugo 2020 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Os Roteiros Literarios por Lugo procuran unha ollada nova á historia e xeografía da cidade.
A inscrición é de balde, cun máximo de 5 persoas por cada roteiro, e obrigatoria, no correo electrónico oficina@aelg.org. Xa están completas todas as prazas.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento. Durante os distintos percorridos será preciso cumprir coa distancia de seguridade e o uso de máscaras.

O programa de Paseos Literarios é o seguinte:

– Eis umha flor para o lume e o mar, roteiro sobre Carvalho Calero.
María Casar
Sábado 14 de novembro, 12:00 h. Saída desde o Vello Cárcere.

– Roteiro das letras violetas
Luz Darriba
Sábado 21 de novembro, 12:00 h. Saída desde o Parque Rosalía de Castro.

– A Xeración Nós e Lugo
Antonio Reigosa
Sábado 28 de novembro, 12:00

– Roteiro arredor de As estacións do lobo
María Reimóndez
Sábado 5 de decembro, 11:00 (2 horas). Saída desde a Avenida da Coruña, 310.