Rosa Aneiros autora de Sibila: “Sen esterco, sen cheiro, non hai vida. Non escribín unha distopía, senón cousas que están a pasar hoxe en día”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Con Sibila, editada por Xerais, Rosa Aneiros retoma a narrativa para público adulto despois de 12 anos. A protagonista Sibila tenta resolver un misterio na illa da súa nenez onde só quedan os derradeiros habitantes. A historia xoga coa idea dun futuro desacougante, cunha sociedade moi vixiada, e un pasado que estoura. A entrevista pode verse aquí.”

Nus, a nova novela de Manuel Gago: “Os coiristas dos 80 foron os primeiros en decatarse do poder da imaxe nas protestas sociais”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Nus é un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia dos 80 a través das aventuras dun crápula. A novela sitúanos na revolución nudista nas praias galegas e as convulsións políticas e sociais da época. O autor conta a historia desta época desde a perspectiva da clase alta e adéntrase na literatura erótica. A entrevista pode verse aquí.”

Paula Carballeira, autora de E continuaremos a contar:”Ser sincera é fundamental para unha narradora”

Entrevista a Paula Carballeira en Zig-zag:
E continuaremos a contar, de Através Editora, é un libro de lembranzas e reflexións sobre a narración oral. O ensaio estrutúrase capítulos curtos nos que a autora fala da súa experiencia como narradora oral desde 1992. A entrevista pode verse aquí.”

Emma Pedreira e Laura Romero: “Que entendemos da poesía e das poetas? Xela Arias tamén formulaba esta cuestión na súa poética”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
XelArias. Palabra á intemperie son poemas a dúas voces, colaxes e ilustración para achegarse á figura de Xela Arias a través dos textos de Emma Pedreira e as ilustracións de Laura Romero. O libro, de Edicións Baía, inclúe partes biográficas, versos e anacos de conversas con Xela Arias. A entrevista pode verse aquí.”

Xurxo Souto: “Na cidade-barco da Coruña vivimos o ‘punkismo’ máxico”

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Coinciden nas librarías dúas publicacións de Xurxo Souto: a reedición 20 anos despois de O retorno dos homes mariños e Pangalaica, recortes poderosos. Un universo propio que fai país entre o real e o imaxinario: homes mariños, artistas que cruzan mares, e historias en que os mitos se confunden coa realidade. A entrevista pode verse aquí.”

“O ocultismo na vida e na obra de Vicente Risco”, con Félix Castro Vicente

Desde a Televisión de Galicia:
“O escritor, investigador musical e etnógrafo ourensán Félix Castro Vicente profunda na relación de vicente Risco co mundo do ocultismo e no Arquivo de Memoria Histórica de Salamanca, atopou algunhas das epístolas que este mantivo con Manuel Treviño, quen fora o fundador da Rama Teosófica madrileña. Tamén da conexión co Grupo Marco Aurelio de Pontevedra. Todo reunido na obra O ocultismo na obra de Vicente Risco. Do doutor Alveiros á Porta da Palla, co que acadou o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. A entrevista pode verse aquí.”