Compostela: presentación de Galicia, o país das marabillas, de Claudia Castro
Bases do II Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento
A Coruña: presentación de Palabra de Patriotas
O 30 de setembro, ás 20 horas, na sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), preséntase Palabra de patriotas, publicado por Acega Edicións, do que é autor Salvador Soutullo Carolo. No acto estará presente, ademais do autor, Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora.
Bases do VII Premio de teatro Varela Buxán
Bases do VIII Premio de microrrelatos Mulleres Progresistas
Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019
Os Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.
Todos os Paseos comezarán ás 11:30 h.
Para se inscribir é necesario enviar os seus datos (nome completo, enderezo e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos queren apuntarse. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
Sábado 5 de outubro
Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade?
Con Adolfo Caamaño.
Sábado 19 de outubro
A cidade imaxinada: unha memoria familiar
Con MN Soutelo.
Sábado 26 de outubro
Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella.
Con Elena Gallego Abad.
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.
Este é o programa:
1 de outubro
María Solar.
Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.
8 de outubro
Ánxela Gracián
Escribir coa memoria prestada.
15 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.
22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu ?
29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.
Colaboración da AELG co Centro de Estudos Galegos de Lisboa. Visita de Carlos Labraña
A AELG colabora co Centro de Estudos Galegos de Lisboa cunha visita de Carlos Labraña o 28 de setembro. Trátase dunha iniciativa da AELG co apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística, en colaboración co Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa.
Na súa estadía en Lisboa Carlos Labraña ofrecerá unha conferencia con formato de conversa aberta con título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será o sábado 28 de setembro, ás 19:00 na Fábrica Braço da Prata, con entrada libre.
Obradoiro de creación literaria A vida: unha narrativa, con Henrique Dacosta
O Obradoiro de creación literaria A vida: unha narrativa, impartido por Henrique Dacosta, e cunha sesión maxistral a cargo de Eva Loureiro Vilarelhe é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de San Sadurniño e o patrocinio da Deputación da Coruña e a Consellaría de Cultura e Turismo.
“Coa “pedra sol” e audacia, os viquingos alcanzaron terras descoñecidas. A narrativa é unha sorte de navegación a través dun mar de letras. Se o que queres é pór rumbo a ese territorio, enrólate connosco. Da realidade xurdirá a fantasía, coa imaxinación construiremos mundos modelados ao noso antollo, conseguiremos que os cegos vexan, veremos aos maos lles asomar o seu corazonciño, que nos entre o desacougo cando á protagonista lle espreita o perigo… Porque, o que non ten dúbida, é que a vida toda cabe no noso relato.”
Haberá 8 sesións de 2 horas e media cada unha, en horario de 11:00 a 13:30, que se celebrarán os sábados:
– 28 de setembro.
– 5, 19 e 26 de outubro.
– 2, 9, 16 e 23 de novembro.
Terá lugar nas aulas da Casa da Xuventude de San Sadurniño (Rúa Casal, 13 –como chegar-).
Hai 20 prazas, gratuítas, para maiores de 15 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude.
A inscrición poderá facerse, até o 27 de setembro de 2019, no correo electrónico anagavinmerlan@gmail.com ou ben no teléfono 652814144.
O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.