Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A editorial Galaxia publica Marcas na paisaxe, para unha historia do cinema en lingua galega, coa axuda do Grupo de estudos audiovisuais de Margarita Ledo. Son seis textos arredor do cinema galego que tratan temas como a lingua, a militancia ou a emigración. Pode verse aquí.”
Compostela: Iolanda Aldrei presenta Quando a Joana voltou
Vigo: conferencia A poesía galega da Transición, de Alberte Valverde
Compostela: presentación de Ser, corazón e boca, de Claudia Castro
A Coruña: presentación de Padre Manuel Feijoo: música da nosa terra
Compostela: presentación de Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas
Ramón Nicolás: “Lapis na noite é unha historia con moitos fíos”
Desde
Xerais:
“A emisora en Vigo de Cadena Cope emitiu unha entrevista co escritor e crítico literario Ramón Nicolás, autor da novela Lapis na noite.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”
Vídeo da presentación de Poesía mínima, de Helena Villar Janeiro, na Coruña
A Coruña: faladoiro sobre Carlos Casares, imaxe e cinema: dúas miradas
Bases do XXXVII Premio Blanco-Amor de novela longa
“Primeira.-
Poderán participar nel todos os autores e as autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.
Segunda.- As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos.
Terceira.- As obras presentadas terán que ser inéditas.
Cuarta.- De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa Progreso n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior Para o XXXVII Premio Blanco-Amor. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e o enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
Quinta.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o venres 14 de setembro de 2018, cento vinte e un aniversario do nacemento, en Ourense, de Eduardo Blanco-Amor.
Sexta.- O xurado do premio será nomeado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, e estará composto por cinco membros de recoñecido prestixio no ámbito da cultura galega. Facúltase ao xurado para a interpretación e integración das posibles dúbidas nestas bases en todo o relativo á concesión do premio.
Sétima.- O premio estará dotado con 15.000 € e unha obra escultórica.
Oitava.- O premio poderase declarar deserto, de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.
Novena.- O xurado reunirase con tempo suficiente antes da entrega do premio e fará pública a súa decisión, perante os medios de comunicación.
Décima.- A concesión do premio implicará a cesión ao autor dos dereitos da primeira edición en lingua galega da obra. A dita edición deberá realizarse nun prazo máximo dun ano dende a data da entrega do premio, quedando sen efecto a cesión no caso de que no dito prazo non se leve a cabo.
O gañador deste premio comprométese a participar en cantas presentacións do libro lle requira a Deputación de Ourense ou a Fundación Eduardo Blanco-Amor, ata un máximo de dez.
As obras non premiadas devolveránselles aos/ás autores/as que o soliciten nun prazo dun mes contado dende o día do veredicto. En caso de non recollerse dentro deste prazo os orixinais serán destruídos.
Décimo primeira.- A entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense e a Fundación Eduardo Blanco-Amor, o sábado 1 de decembro de 2018, trinta e nove cabodano do autor de A Esmorga.
Décimo segunda.- O feito de concorreren a este premio presupón que os/as autores/as aceptan estas bases.”





