Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
““Unha vez que morre Ramón Piñeiro o galeguismo como proxecto social e político desaparece”. Antón Baamonde participa no Encontro Carlos Casares, escritor e intelectual público coa conferencia ‘Intelectuais e autonomía galega’. Pode escoitarse aquí.”
Pontevedra: presentación de Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González
A Coruña: recital de Xosé Luís Méndez Ferrín e Raúl Zurita no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 20 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Xosé Luís Méndez Ferrín e o poeta chileno Raúl Zurita. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2017.
A Coruña: presentación de Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), de Antón Cortizas
Alberto Ramos faise co Premio Vicente Risco coa obra A simetría das bestas
Desde Sermos Galiza:
“O xornalista Alberto Ramos recunca como gañador do Premio Risco de Creación Literaria –do Concello de Ourense e da Fundación Vicente Risco– coa obra A simetría das bestas. En 2012 recollera o galardón con Todos os días.
Unha obra de “corte filosófico” onde concede “un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados” –en palabras do xurado– deulle ao xornalista e escritor Alberto Ramos o XVII Premio Risco de Creación Literaria.
O xurado destacou o simbolismo da obra e o “moi bo manexo dos recursos narrativos”, así como a creación de personaxes “moi ben construídas” dadas as “discusións filosóficas”.
O premio consiste en 6 mil euros en metálico e na publicación de 150 exemplares. (…)”
Fallo do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
“O pasado 9 de novembro celebrouse a xuntanza do xurado do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista Joel Gômez, para deliberar o fallo desta edición.
Nesta edición as persoas premiadas son:
Categoría de narrativa:
Gañador:
» “Encher de vida o peito”, de Carlos Mendez Leis.
Mención especial:
» “Retallos”, de Purificación Leal Docampo.
Categoría de poesía:
Gañadora:
» “Habitación compartida no materno-infantil”, de Verónica Martínez Delgado.
Mención especial:
» “Versos sen pan”, de Xosé Pompei.
O acto de entrega de premios terá lugar o martes 12 de decembro de 2017 a partir das 20:00 horas na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Espiñeira, 10-Baixo, Santiago de Compostela).
A Coruña: presentación de Muriel, de María Canosa
Unha obra de Ernesto Is sobre María Casares gaña o Premio Rafael Dieste de Teatro da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“A obra Despois das ondas de Ernesto Is é a gañadora do XVII Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña. A obra leva de novo á escena á grande actriz galega exiliada en París, María Casares.
Un xurado composto por Inma López Silva, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Paula Carballeira, Eva F. Ferreira e Manuel Núñez Singala, coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria, decidiu elixir como gañadora da XVII edición do Premio de Teatro Rafael Dieste á obra Despois das ondas da que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Ernesto Is. O texto de Ernesto Is impúxose na deliberación do xurado, por maioría, ás 47 obras presentadas.
A obra Despois das ondas leva de novo a escena a figura da actriz María Casares, unha das grandes figuras do teatro europeo, exiliada en Francia e nacida na Coruña (1922). O xurado estimou que a obra ofrece “moitas posibilidades de representación e gran liberdade na posta en escena”.
Destaca tamén que o texto gañador “mestura realidade e ficción e propón unha transformación dramática da realidade”. Ademais, a obra ten tamén o valor de recuperación da memoria histórica a través da figura dunha grande actriz do exilio.
O premio consiste en 6.500 € ademais da publicación da obra e a posta en escena.
O autor, Ernesto Is, (Ernesto Suárez Is, Gijón, Asturias, 1988) é titulado en arte dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) na especialidade de Dramaturxia e traballa como profesor de teatro e dramaturgo. Traballou tamén no ámbito do audiovisual como operador de cámara, produtor, guionista e editor de vídeo e son. (…)”
A Coruña: palestra De Ferrol á Patagonia, por Xavier Alcalá
A terza feira 21 de novembro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Xavier Alcalá falará dentro do ciclo “Língua, Cultura e País” sobre De Ferrol á Patagonia: Historia dunha Revolución, organizado pola A. C. O Facho.