Entrevista de Sergio Casal a Xerardo Quintiá en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como naceu esta obra epistolar: máis do azar ou da necesidade de comunicarse entre vostedes?
– Xerardo Quintiá (XQ): A verdade é que poden confluír estas dúas perspectivas. Primeiro foi algo totalmente azaroso, no sentido de que xurdiu dun correo electrónico que Xesús me envía a min e que eu, de forma azarosa, lle devolvo cunha resposta un pouco máis longa do que é habitual hoxe en día.
A partir de aí, propóñolle estabelecer unha correspondencia e despois a verdade é que foi fluíndo todo dunha maneira moi natural. Pouco a pouco foise dando tamén esa necesidade de escribir e ler o que nos escribira o outro.
– ND: Que é o que ofrece este formato epistolar á hora de crear a obra?
– XQ: Desde o meu punto de vista, este formato ofreceume a posibilidade de poder achegarme con toda a naturalidade do mundo a un ton confesional. Isto pasaba porque sabía que ao outro lado desa escrita que facía había unha persoa que ía ler o que enviaba e que ía interactuar co meu texto. (…)”
Vigo: concerto de Francisco Castro e banda
Compostela: presentación de Celaxe, de Alicia Fonteboa
Carballo: sesión do Clube de lectura de Espiral Maior Foro sobre Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo
Arroxo, Lourenzá: presentación de O día de San Martiño, de Cristian Caruncho
Ferrol: apresentaçom de Contos de Lama e Alcatrám, de Diego Bernal
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, Luísa Abad
Cangas: presentación de Os mortos que amei, de Iria Collazo López
Ditame do XIV Premio de poesía Xosé M. López Ardeiro
“Nesta edición do XIV Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, co que o Concello de Negreira pretende recoñecer a obra deste destacado poeta negreirés, participaron 60 poemarios.
O xurado do certame, composto por María Rey, María López Sández, Diana Varela, Xosé A. Ponte Far e Xulio López Valcárcel, ditaminou que:
– A obra finalista cun premio de 500€ foi para Cartografía Miúda, de Isabel Mancebo Portela, de Santiago de Compostela.
– A obra gañadora cun premio de 2500€ e publicación de 300 exemplares do poemario coa colaboración da Xunta de Galicia, foi para Kensington, de Jacobo Paz Limia, da Coruña.”
Xabier Quiroga presenta a súa nova novela: “A amizade, tan próxima ao amor ás veces, é a que marca o ritmo en Alguén ao lado”
Entrevista de Sergio Casal a Xabier Quiroga en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que lle interesaba explorar nesta novela arredor dos sentimentos?
– Xabier Quiroga (XQ): Este libro, un pouco separado da miña traxectoria anterior na que falaba moito de memoria histórica e da procura dunha identidade colectiva, partiu como unha especie de necesidade de demostrarme que podía achegarme aos sentimentos. É unha novela que fala de amor, de desamor, de amizade e tamén é unha reflexión sobre unha xeración. Unha xeración criada aquí que tivo moitos problemas e que saíu un pouco trasquilada por moitos sitios.
– ND: Até que punto o pasado dun protagonista condiciona a súa capacidade de vivir o presente?
– XQ: Até o límite. As persoas que lean o libro vanse dar conta de que o personaxe principal está completamente condicionado por unhas relacións de xuventude que o marcaron. Relacións de amor, de amizade e das procuras que un realiza cando é novo. Procuras que levan a pensar que atopou o esencial da vida e, a partir de aí, todo o demais foi caer costa abaixo. (…)”






