Desde a A. C. Alexandre Bóveda da Coruña:
“O venres 19 de setembro, ás 19 horas, imos de roteiro! Farémolo guiadas pola palabra de Xurxo Souto e a música de Pulpiño Viascón! E remataremos na discoteca do Circo de Artesáns!!!
Ópera ambulante: Todas somos diplomáticas. Desde o pico de Monte Alto até a Pescaría para celebrar o cambio do nome dunha rúa en prol da Memoria Histórica. Un logro coletivo. Os Diplomáticos de Monte Alto non só representan unha expresión musical singular e profundamente galega, senón que tamén son símbolo de resistencia cultural, irreverencia democrática, compromiso social e defensa da identidade popular. O seu legado artístico, o seu arraigamento na cidade e a súa conexión coa cidadanía fan que esta proposta sexa un acto de xustiza simbólica e un tributo á memoria colectiva do barrio e da cidade que permitiría visibilizar referentes locais positivos e conectados coa cidadanía.
ROTEIRO: Sairemos ás 19.00 h da Praza San Xosé (esquina coa rúa Vixía) e remataremos no Circo de Artesáns.
FESTA NA DISCOTECA: Ás 21.00 h comezará a festa na discoteca do Circo de Artesáns.
Ollo! A discoteca ten unha capacidade limitada, así que unha vez cuberta non podemos permitir o acceso a ninguén máis.”
Vigo: presentación de Estudo sobre o voo dos corzos, de Mónica Caldeiro
O Carballiño: presentación de O pouco tempo que nos queda, de Nila A. Pousa
Cangas do Morrazo: presentación de Eva tomando o sol, de Francisco Castro
Compostela: presentación de Baobab, de Moncho Iglesias Míguez
Artes, Ribeira: conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez sobre o artista Francisco Miguel
Irimia (Meira): XIV Festa de Afirmación e Dignidade 2025, o 21 de setembro
A Coruña: presentación de Tempo de amoras, de Tareixa Roca, o 19 de setembro
Samuel L. París: “A influencia da música está presente sempre”
Entrevista de Inés Pena Franco a Samuel L. París en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Os seus inicios no mundo escritor remóntanse a xa hai preto de 20 anos e sempre cunha obra que non deixa de sorprender, pero, quen dirías que é hoxe Samuel L. París? Como se definiría artisticamente?
– Samuel L. París (SP): Pois así como cando empecei era moito máis referencial e trataba de tirar abaixo certas cousas, pois estaba no fondo da aula da creación da literatura soltando chanzas e sinalando cousas que non me gustaban; a día de hoxe estou máis no labor de crear. De conformar as cousas desde un punto de vista máis positivo para poder facer o que aínda non está feito. Igual a evolución na que estou agora mesmo é esa: construír no canto de deconstruír.
Artisticamente definiríame como unha persoa que intenta divertirse en todo o que fai, que trata de estar conectado cos proxectos. Tampouco me insiro nunha cousa en concreto, ao final fixen música, diferentes literaturas… Creativamente a cabeza vaime levando por diferentes sitios que me gusta probar, nuns asento e noutros saio correndo, mais sempre trato de probalos todos. Gústame moito xogar cos formatos, entendelos, experimentar…. Así que si, ese probar cousas novas xunto co humor posibelmente sexa o que máis e mellor me defina.
– ND: Aparentemente xa o título da súa última peza poética, O tenro é o salvaxe, é moi potente, como nace esa tensión antonímica de enfrontar “tenro” e “salvaxe”?
– SP: Pois un pouco do que somos a naturalidade de cada un de nós. Polo menos desde o meu lado, xa no mesmo día a día e mesmo en horas conviven esa parte máis tenra e vulnerábel que agochamos baixo a tona con esa parte máis salvaxe que pretende saír. Ao final a vida está cargada de moitos tenros e salvaxes, e precisamente é iso, para nada as vexo como opostas ou á marxe, senón bastante identificadas. (…)”