Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Hai toda unha serie de aspectos (da obra de Manuel María) que enlazan con cómo lemos hoxe”. Margarita Ledo Andión é unha das coordinadoras do Simposio co que a Academia Galega pecha o Ano das Letras de Manuel María. Pode accederse á entrevista aquí.”
Coñécense as obras gañadoras do Certame Xuventude Crea
Licalaterna, gañador do 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados
Desde a web da Fundación Celso Emilio Ferreiro:
“O Grupo Licalaterna (Andrea Souto e Óscar Iglesias) vén de ser escollido polo Xurado do 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados como gañador do mesmo.
O tema premiado é o poema Mensaxe dende o silenzo, poema do libro O soño sulagado. O premio será entregado o sábado 3 de decembro as 11:30 horas no Espacio Foro do Culturgal en Pontevedra.”
Entrevista a Míriam Ferradáns no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Os nomes do fume son eses nomes que nos obriga a tribu a facelos desaparecer, porque desaparece a persoa que os leva e se converten en palabras tabú”. Miriam Ferradáns fálanos do libro co que gañou o Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Pode accederse á entrevista aquí.”
Ramil (Agolada): Homenaxe a Xosé Chao Rego na Eira da Xoana
A AELG vai organizar en 2017 un Congreso de Poesía Galega
O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou na súa última reunión a realización dun Congreso de Poesía Galega no inicio do outono do vindeiro ano 2017, que terá lugar na cidade de Pontevedra.
Con esta actividade preténdese facer unha revisión da poesía galega nos últimos 40 anos, un exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.
A Coruña: recital de Marga Do Val e Edwin Madrid no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 28 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Marga do Val e o poeta Edwin Madrid. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2016.
Compostela: presentación do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato
O sábado 26 de novembro, ás 19:00 horas, na Libraría Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24), en Santiago, terá lugar a presentación do libro-disco Cousas de papá, con textos de Raúl Gómez Pato, música de Héctor Lorenzo e ilustracións de Blanca Barrio, publicado por Xerais. No acto, Héctor Lorenzo cantará varias das cancións do libro acompañado da guitarra.
A Coruña: recital poético de reinauguración de Linda Rama
A Coruña: Espazo Literario na Feira de proxectos de vida feministas Laborando
Dentro da Feira Feminista Laborando, que terá lugar o sábado 26 de novembro, no Mercado de San Agustín, na Coruña, a Livraria Suévia organiza o Espazo Literario, coas seguintes actividades previstas:
Estarán asinando as súas obras:
– 12:00 h. Eli Ríos: Marta e a píntega. Conta-contos infantil.
– 12:30 h. Mercedes Leobalde: Funambulistas.
– 13:00 h. Dores Tembrás: Auga a través.
– 13:30 h. Rebeca Baceiredo: O canto da Sibila.
– 17:00 h. Andrea Barreira (Non hai luz sen escuridade) e Vanesa Santiago (Ninguén lembra). “Obradoiro para a bruxa moderna”.
– 17:30 h. Emma Pedreira: Corazón e demais tripas.
– 18:00 h. Beatriz Maceda: O álbum de Garrincha. Conta-contos infantil.
– 18:30 h. María Reimóndez: A dúbida.
– 19:00 h. María Canosa: Cando cae a luz.
– 19:30 h. Charo Pita: Oxalá estiveses aquí. Conta-contos infantil.