Chantada: presentación de Ecos dos poetas de Chantada, de Xosé Lois García
Compostela: I Xornadas de Arquitectura e Literatura, os 2 e 23 de marzo
Entrevista a Antonio Reigosa en Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista a Antonio Reigosa, escritor e investigador, coordinador das Xornadas de literatura oral da AELG. Pode verse a entrevista aquí.”
Eduard Velasco gaña o Premio Díaz Castro de poesía
Desde
Sermos Galiza:
“O escritor galego-catalán Eduard Velasco vén de gañar a segunda edición do Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que organiza o Concello de Guitiriz.
A obra gañadora titúlase O filósofo coxo, e foi premiada por un xurado composto polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo. Presentáronse 44 orixinais a este galardón. A obra será publicada nos vindeiros meses pola editorial Espiral Maior. (…)”
A Coruña: Gosto de che ler un poema, Lectura pública de poesía de Luís Pimentel, con Xulio Valcárcel
Compostela: Manuel Rivas no Tac, tac, tac de Numax
O
xoves 2 de marzo, ás 18:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, terá lugar a segunda entrega do Tac, tac, tac. Un conto nun lugar nun límite de tempo, con Manuel Rivas. El será o encargado de escribir en directo un conto na vella Olivetti da libraría. Posteriormente, este texto mecanografado só se poderá ler no espazo físico da Libraría Numax durante un mes.
A actividade enmárcase na iniciativa deseñada por Suso de Toro que trae cada mes a un escritor ou escritora do noso panorama literario cunha característica en común: escribiron a máquina nalgún momento da súa mocidade. Esta proposta busca volver á experiencia analóxica na produción e lectura do texto literario. Os relatos elaborados «converteranse nalgo case máxico, que só se poderá ver indo a un lugar, como se fose sagrado», segundo o propio De Toro. Cada texto elabórase na máquina de escribir situada a carón do escaparate da Libraría Numax e apenas hai indicacións previas, permitíndose os borróns e correccións manuscritos que farán de cada texto un obxecto único.
O texto de Rivas ocupará o lugar do creado por Margarita Ledo o pasado mes de febreiro, cando botou a andar a actividade.”
A Coruña: presentación de Corazón e demais tripas, con Emma Pedreira
Diálogos Carlos Casares: Dolores Vilavedra
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Dolores Vilavedra nos Diálogos Carlos Casares. Pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Yolanda Castaño sobre A Segunda Lingua, por Estela Pan






