Entrevista a Inmaculada López Silva sobre Resistir no escenario
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Conversa con Inmaculada López Silva, escritora e profesora, sobre o seu libro: Resistir no escenario: cara a unha historia institucional do teatro galego. A entrevista completa pode verse aquí.”
Xosé Henrique Rivadulla Corcón: “A Costa da Morte non tería a súa maxia sen os escritores”
Entrevista a Xosé Henrique Rivadulla Corcón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Por que Moraime [Moraime, pequena vila do mar]?
– Xosé Henrique Rivadulla Corcón (XHRC): De Moraime o único que ten é o título. A vila da que falo é un lugar ficticio. Ao buscar o nome veume este nome porque eu son de Muxía, e Moraime é un lugar emblemático para min, unha referencia na miña vida. Alí íamos de cativos a entrar nos hortas, coller o millo para asalo… é un sitio mítico e moi especial. (…)
– LVG: E sempre coa Costa da Morte de pano de fondo. ¿Sería vostede hoxe un escritor se non existise a Costa da Morte?
– XHRC: Penso que non. A miña orixe literaria parte claramente de Muxía. Hai un feito moi concreto que me marca como escritor. En 1975, cando tiña 13 anos, descubrín a Rosalía de Castro dun xeito consciente a través da música de Amancio Prada. E foi a través dun mariñeiro, Alejandro O Fundador, que trouxo unha casete ao grupo de amigos, lamentablemente el xa non está. Así empezou a miña necesidade de escribir. ¿Pero sabes que?
– LVG: Diga.
– XHRC: Aínda que é certo que moitos escritores e artistas non o serían sen a Costa da Morte, a Costa da Morte non sería o que é sen os artistas. A través desa literatura, e tamén escultura e pintura, esta zona non tería esa maxia tan especial sen os escritores e demais artistas. Para min en Galicia iso acontece con outras dúas zonas como son a Terra Cha e o Courel.”
Ramón Caride: “Liquidación de existencias é reflexo deste mundo convulso”
Antonio Tizón: “Aínda queda moito para superar o estigma da doenza mental”
Entrevista a Antonio Tizón en La Voz de Galicia:
“Periodista e profesor, Antonio Tizón (A Coruña, 1960) debuta na novela negra, «ou mulata», para vestir cos temas clásicos do xénero -crime, corrupción, impunidade…- a súa loita persoal contra o trastorno bipolar. O autor presentará esta tarde na sede de APEM en Carballo (Avenida da Cristina, 2, ás 18:00 horas) e acompañado polo psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle A antesala luminosa (Xerais), a primeira novela dunha tetraloxía cuxo segundo volume, Os incurables, verá pronto a luz.
(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Foi moi duro afrontar a parte autobiográfica?
– Antonio Tizón (AT): Si, porque está tratada de xeito sincero, honesto e incluso sen moito sentido do pudor porque conto as barbaridades que se fan na fase maníaca, na que perdes o pudor e o sentido do risco. (…)
– LVG: ¿Tivo algo de terapéutico escribir o libro?
– AT: -Está escrito para intentar averiguar por que se produce unha enfermidade mental deste tipo e tamén para desembazarme dos meus traumas. Que mellor forma de facelo que contalo publicamente. Só disimulei un pouco contando en primeira persoa a parte do inspector, da investigación que leva a cabo, e en terceira persoa aquela que é autobiográfica.”
Entrevista a Xosé Carlos López Bernárdez en Localia Vigo
Vídeo do coloquio no Día das Letras Galegas no programa “O Péndulo” (TVG), 1993
Desde o blogue de Xavier Alcalá:
“O 17 de maio de 1993 emitiuse na Televisión de Galicia o programa “O Péndulo”, dirixido por Carlos Luís Rodríguez, este coloquio onde participei xunto a Xesús Alonso Montero, Carlos Casares e Xosé Filgueira Valverde.
Agradecido a Terra de Arquival, por ter recuperado este documento histórico.”
Vigo: presentación de As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro
Carballo: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
O xoves 10 de marzo, ás 18:00 horas, na sede de APEM (Avenida Cristina, 2), de Carballo, preséntase a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Asociación Pro Enfermos Mentais e Xerais, participa, xunto ao autor, o psiquiatra Juan Carlos Díaz del Valle.
Entrevista a Mercedes Queixas, autora de Labrego con algo de poeta
Entrevista a Mercedes Queixas en Galaxia:
“- Galaxia (G): Por que este título para este libro [Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María]?
– Mercedes Queixas (MQ): Procurei un título que achegase ao público lector unha definición totalizadora do autor e pareceume que eses versos seus tirados do poema titulado “Carné de identidade” o eran. A íntima conexión coa Terra e a necesidade de pulsar incansabelmente o convivio coa Poesía foron a cerna do ser e do sentir vital de Manuel María.
– G: Cal foi a principal dificultade coa que te atopaches á hora de encetar este traballo?
– MQ: Manuel María aínda é sentido en presente, non o vemos, mais a súa obra, tan popularizada en vida, segue nas lecturas e relecturas de moita xente, así como a emoción das lembranza de vida compartida.
A Manuel María nada lle era alleo no seu tempo, as claves da súa vida e da súa escrita, camiños paralelos, están marcadas pola acción, pola implicación, o que explica a súa presenza e acompañamento en multitude de actos ora de xénese literaria ora formativa, divulgativa ou reivindicativa, xunto á súa necesidade de percorrer o País para o coñecer e, ao tempo, se coñecer a si mesmo e a súa tribo, o que o levou a manter contacto con multitude de persoas, colectivos, asociacións, etc. que o seguen a lembrar como memoria viva.
Manuel María era un gran conversador e un brillante orador, é difícil non sentirmos aínda en nós a súa voz penetrante e segura, o discurso do intelectual comunicador próximo ao auditorio.
É unha figura tan viva, tan apreciada, que quixen que nesta biografía tivesen voz propia algunhas persoas que testemuñasen a relevancia do noso autor como poeta e como cidadán amante do seu pobo, comprometido co seu presente e futuro.
Non poder dar cabida a moitas máis voces nese coro para min tan necesario, xunto á necesidade de sintetizar unha vida tan intensa no plano individual e colectivo do autor do maior corpus literario desde 1950, foi sen dúbida a maior dificultade.
Saleta Goi, a compañeira e confidente do poeta, quen me transmitiu toda a confianza necesaria para este traballo e a quen debo a maior das gratitudes. (…) Sigue lendo