Entrevista
de Alberto Ramos a Antonio M. Fraga en Praza:
“(…) – Praza (P): O Premio Antón Risco é na actualidade o único certame de literatura fantástica que hai en Galicia. Un galardón coma este é fundamental para un xénero que se cultiva pouco?
– Antonio M. Fraga (AMF): A verdade é que penso que cada vez abunda máis. Sempre se fixeron cousas. A xente que lle gusta ir por ese camiño está a emprender na actualidade proxectos variados e interesantes. A existencia dun premio de literatura fantástica é, ademais, un síntoma de normalización para o conxunto do sistema literario. Un sistema literario debe contar con distintos e variados premios, respondendo a diferentes xéneros. Penso que é positivo en todos os niveis. Primeiro para o propio xénero fantástico, xa que ter un premio desta natureza se converte nun acicate para apostar polo xénero. En segundo lugar, para o sistema literario no seu conxunto, que se ve reforzado e enriquecido. (…)
– P: Esa fronteira entre a loucura e a realidade convértese na résgoa por onde entra a literatura fantástica, non?
– AMF: No ámbito temático, eu quería contar [en Querido H. P. Lovecraft] a historia de Howard e que transcendese dalgunha maneira do xénero fantástico. Quería contar a historia da desesperación dese home, de como se vai mergullando nun caldo de cultivo que o leva irreversiblemente cara ao suicidio. Á hora de facelo, si que botei man dalgunhas teimas clarísimamente lovecraftianas como son a xa citada fronteira entre a loucura ou o pesadelo recorrente, que é un elemento moi presente nalgunhas fases nas que está dividida a obra de Lovecraft. É dicir, a fase onírica ten moita presenza. Tamén emprego a cuestión lovecraftiana da imposibilidade de fuxir do noso destino e cúmprese, ademais, o patrón desa persoa formada intelectualmente e escéptica que vive alteracións á lei natural que a levan primeiro á tolemia e finalmente á morte. (…)
– P: Non sei se quere engadir algún aspecto da novela que pasara eu por alto…
– AMF: Unicamente gustaríame dicir que xa no propio título se ve que o texto ten moito de homenaxe a Lovecraft ou máis concretamente á súa obra, seguramente máis merecedora da homenaxe cá súa persoa. A súa obra levou o terror a asumir anovadoras marcas de xénero que despois transcenderon a outros ámbitos como o cinema ou a banda deseñada. Despois, comentar que eu cheguei a Lovecraft, como outros moitos rapaces da miña xeración, grazas a Agustín Fernández Paz, que cultivou o xénero do terror cósmico lovecraftiano en obras como Aire negro. Pódese considerar este libro tamén unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz. (…)”
Pontevedra: presentación de A antesala luminosa, de Antonio Tizón
Madrid: presentación de Contos do Mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
martes 28 de xuño, ás 19:30 horas, no Círculo de Bellas Artes de Madrid (Alcalá, 42), Xurxo Souto presenta o seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Antón Patiño e David Cooney, embaixador de Irlanda en España.
Anxo Fariña: “A adolescencia ten esa forza que te empurra a cambiar o mundo”
Compostela: presentación de Querido Eduardo. Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor
A Escritora na súa Terra: Helena Villar Janeiro. Rianxo, 2016, o sábado 25 de xuño
A
Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro. Entregaráselle en Rianxo o 25 de xuño, na que será a vixésimo segunda edición.
Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como quen remonta o río e volve a onde só a palabra recupera os instantes. Recoller palabras de noso, tal abelorios, e nomear o mundo igual que se bordara as formas dos soños que fabula. Tiña que ser así porque Helena medrou entre fíos na xastrería familiar, primeiro ensino, primeiro ateneo, onde se recitaban os clásicos, se interpretaba bel canto e desfilaban historias e personaxes, segundo ela mesma refire.
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega en 2016 á súa XXII edición recaendo na figura de Helena Villar Janeiro, que será homenaxeada no Concello de Rianxo, a terra que ela elixiu para vivir os solpores da ría de Arousa.
Esta
iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Programa
11:30 h. (Paseo Marítimo no Peirao de Sete Fogas).
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do loureiro (árbore simbólica da escritora). Interveñen:
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
– Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo.
– Helena Villar Janeiro.
Acto de entrega da “Letra E” (Escola da I República – Cuartel vello) Interveñen:
– Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo.
– Mercedes Queixas Zas, Secretaria xeral da AELG.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
– Marica Campo: Laudatio.
Entrega da peza escultórica do artista Caxigueiro.
Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Helena Villar Janeiro.
14:00 h. Xantar no Pazo de Rianxiño
Esta actividade conta co apoio de CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos), Deputación da Coruña, Consellaría de Cultura e Concello de Rianxo.
Nota: O traxecto desde o Peirao de Sete Fogas até o Pazo Rianxiño pódese facer a pé en 15 minutos.
Crónica videográfica da I Gala do Libro Galego (e IV)
O
sábado 14 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo lugar a I Gala do Libro Galego, convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Entrega do Premio na categoría de Libro ilustrado (recolle Xosé Cobas):
– Entrega do Premio na categoría de Teatro (recolle Antón Cortizas):
– Entrega do Premio na categoría de Xornalismo cultural (recolle Xoán Costa):
– Entrega do Premio na categoría de Narrativa (recolle Manuel Rivas):
– Entrega do Premio na categoría de Poesía (recolle Manuel Bragado, en representación de María Lado):
Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (e VI)
Chegado
o final do curso escolar, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega:
- EEI de Barrionovo. Traballos aquí, aquí e aquí.
- EOI, Lugo. Biblioteca.
- IES Antón Losada Diéguez, A Estrada. Blog. Cartel. Actividades.
- IES Cosme López Rodríguez, A Rúa de Valdeorras. Blog da Biblioteca, Facebook do EDL.
- IES de Fene. Blog da Biblioteca.
- IES Laxeiro, Lalín. Blog. Actividades aquí e aquí.
- IES María Sarmiento, Viveiro. Actividades.
- IES Pintor Colmeiro, Silleda. Blog.
- IES Ramón Otero Pedrayo, A Coruña. Actividades.
- IES Santiago Basanta Silva, Vilalba. Blog e Facebook da Biblioteca.
Trasalba, Amoeiro: Festa Literaria do Premio Trasalba 2016, concedido a Camilo Nogueira
Museo do Pobo Galego, Compostela: obradoiros Facemos Irmandade?, do 6 ao 8 de xullo
Desde
o Museo do Pobo Galego:
No mes de Xullo, o Departamento de Educación e Acción Cultural desenvolverá os obradoiros Facemos Irmandade? arredor das Irmandades da Fala e da exposición sobre elas que se amosará no Museo do 23 de Xuño ao 31 de Xullo. En tres xornadas distintas e con diferentes metodoloxías, nenos, nenas e persoas adultas poderemos achegarnos ao importante labor deste colectivo do que, neste ano, celebramos o centenario da súa fundación:
– En busca dos tesouros das Irmandades. 6 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 7 e 9 anos.
– En busca dos tesouros das Irmandades. 7 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 5 a 6 anos.
– Pegadas das Irmandades en Compostela. 8 de Xullo de 17:00 a 18:30 h. En familia.
Os obradoiros, que serán dirixidos por Educultoras, contan cun aforo limitado polo que é necesario inscribirse en deac@museodopobo.gal ou no Tl. 981-583620. Os obradoiros son gratuítos para socios e socias e familias con persoas no desemprego. Ten o custo de 2€ para quen non estiver en ningunha destas situacións.”




