Na Rúa Santiago, 7, baixo, da Coruña. Coa presenza de François Davo.
Entrevista a Emma Pedreira sobre S/T
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Emma Pedreira gaña con S/T o premio Gonzalo López Abente de Poesía. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Tabela dos Libros de setembro de 2015, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Un curso máis, comeza a andaina da Tabela dos Libros. figuran seleccionados os volumes que Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Entrevista a An Alfaya sobre Muros de aire
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Percorremos as páxinas de Muros de aire, a novela de An Alfaya, publicada en Xerais. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Eppur si muove, por Dolores Vilavedra
Agradecemos a Inmaculada Otero Varela o envío desta información:
“A web italiana Insula Europea acolle unbalance da produción editorial galega dos últimos meses que realiza a profesora da USC e crítica literaria Dolores Vilavedra. O texto traducido ao italiano por Marco Paone a Attilio Castellucci pódese consultar nesta ligazón. E nesta pode consultarse a versión orixinal en galego.”
Compostela: obradoiros de Creación Literaria 2015-2016 da A. C. O Galo
Desde a A. C. O Galo:
“A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2015-2016, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu interior ou que queren mellorar a súa escrita, estar en contacto con outras persoas que comparten este interese e ter oportunidade de intercambiar ideas e experiencias con xente afín.
As aulas serán fundamentalmente prácticas, e dende a práctica xurdirán os aspectos teóricos: a historia, a acción, o punto de vista, o tempo, o tratamento dos personaxes, a construción do discurso, etc. As sesións desenvolverán pequenas unidades didácticas, que se adaptarán ao ritmo dos asistentes; é decir, serán sesións abertas, pois como se persegue a participación activa, sempre aflorarán cuestións que necesiten desenvolverse en máis tempo do estipulado en principio.
Temporalización do obradoiro de creación literaria 2015-2016
O obradoiro de creación literaria 2015-2016 comezará en outubro e finalizará a finais de maio, tendo en conta o período de vacacións e días non lectivos do lugar onde se imparta; é dicir, teremos sesións ao longo destes meses menos cando peche o centro ou este esté de vacacións. As sesións presenciais serán dunha hora semanal, e o obradoiro contará cunha web colaborativa que permitirá interactuar todos os días
Lugares e horas do obradoiro de creación literaria 2015-2016
O obradoiro de creación literaria ofrécese nos seguintes lugares e horarios, que se confirmarán unha vez pechado o período de inscrición:
– CSC de Conxo. Sábados de 11:00 a 12:00 h.
– Libraría Pedreira. Xoves de 19:00 a 20:00 h.
– Libraría Couceiro. Venres de 18:00 a 19:00 h.
Prezo e inscrición no Obradoiro de Creación Literaria 2015-2016
O obradoiro terá un custo de 30€ mensuais por alumno, 27€ en caso de seren soci@s da asociación ou estar inscritosno paro. A primeira sesión será gratuita, previa inscrición. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Pode facerse aquí.”
Vigo: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A terza feira 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Ostrácia, de Teresa Moure, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto á autora, Manuel Bragado.
Compostela: obradoiro literario e de novela con Francisco Castro
Máis información aquí.
Ferrol: presentación musical de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O domingo 13 de setembro, ás 21:30 horas, no Peirao Curuxeiras de Ferrol, terá lugar a presentación musical de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto está organizado polas Festas da Parrocheira.
Manuel Rivas: “No meu xeito de andar pola vida considérome un vagabundo”
Desde Xerais:
“O xornal El Siglo publicou unha entrevista de Juana Vera a Manuel Rivas centrada no seu poemario A boca da terra. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.”