Burela: Que bela te deu Deus!, concerto sobre textos de Rosalía de Castro
Narón: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
O venres 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Day (Estrada da Gándara, 141), de Narón, terá lugar a presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. No acto, organizado por Queremos Galego Narón, participará o propio autor.
Vigo: presentación de Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Pontedeume: presentación de A distancia do tambor, de Eva Veiga
O xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Praza do Convento, 2), preséntase A distancia do tambor, de Eva Veiga, publicado por Espiral Maior. No acto participan, xunto á autora, Nicolás Vidal e Miguel Anxo Fernán Vello. Haberá tamén unha actuación do Grupo Ouriol, cos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á voz de Eva Veiga.
Entrevista a Luz Pozo Garza, Andrés Pociña e Aurora López arredor de Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
Entrevista a Luz Pozo Garza, Andrés Pociña e Aurora López arredor do libro Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, editado por Alvarellos Editora. Pódese escoitar completa aquí.
No crisol de Francisco Carballo
Desde Sermos Galiza:
“(…) No A Fondo desta semana -na quinta feira nos quiosques do país, na cuarta feira xa na nosa loxa- adentrarémonos nese perfil poliédrico que encarnaba Francisco Carballo: teólogo, historiador, nacionalista, político, sindicalista, promotor cultural e dono de tantas outras facetas fundidas nun mesmo crisol, como a de ter sido durante anos o presidente do consello de administración de A Nosa Terra, ben como compoñente do grupo promotor de Sermos Galiza. O caderniño de Sermos convértese así en homenaxe á persoa, ao intelectual e ao activista, falecido en novembro do pasado ano.
O A Fondo reúne a colaboración de persoas próximas a Carballo nas súas diferentes vertentes. O investigador Santiago Prol, organizador da homenaxe a Francisco Carballo en Maceda o pasado decembro, ganduxa as verbas deste intelectual na fronteira do eclesial e sempre na cerna do debate político e social, para tecer con elas unha caste de autorretrato. O texto fai así unha rápida panorámica vital, dende o seu nacemento en Maceda, os anos nun frío seminario da posguerra, o seu contacto co independentismo en Euskadi como superior da orde de San Vicente de Paúl en Barakaldo e a súa etapa como reitor do teologado en Salamanca, até a súa volta a Galiza, as súas investigacións como historiador, os intensos anos de activismo cultural e sindical en Vigo ou o seu paso pola primeira liña da vida política, como candidato da coligazón BN-PG por Ourense nas eleccións de xuño do 77. (…)
O historiador Anselmo López Carreira destaca o papel de Carballo na construción nacional a partir da súa investigación ao redor do pasado de Galiza. Defíneo como un historiador influenciado pola escola marxista e a dos Annales, que prioriza, fronte á historia d@s poderos@s, a investigación crítica ao redor das dimensións políticas, económicas, sociais e culturais. E lembra como mesmo chegou a ser sancionado por tal papel, procesado por cualificar de asasinato a morte de Moncho Reboiras. (…)”
Vigo: presentación de Nestes Días, de María N. Soutelo
O xoves 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Nestes Días, de María N. Soutelo, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar.
A Coruña: O entroido na Galiza, por Felipe Senén López Gómez
Ângelo Brea: “A ficção científica tem muitos elementos de que qualquer pessoa pode gostar, não apenas as viagens pelo espaço ou a visita a mundos desconhecidos”
Entrevista a Ângelo Brea no Portal Galego da Língua:
“(…) – Portal Galego da Língua (PGL): O que te levou a enveredar pela ficção científica [Lembranças da Terra & Outras histórias de um futuro possível]?
– Ângelo Brea (AB): O meu interesse pela ficção científica vem desde a adolescência. Naquela época lia muitíssimos romances de ficção científica, desde as novelas tipo pulp a obras de grandes romancistas, em especial os clássicos do género. Tudo o que me caía nas mãos. Obviamente, não era a minha única área de interesse, mas lembro-me daqueles romances e novelas com muito carinho, porque sem elas não teria enveredado por estes trilhos.
– PGL: Além da ficção científica, dedicas-te a narrativas de outros géneros. Que trabalhos estão na gaveta “eletrónica” e em quais estas a trabalhar agora?
– AB: Em realidade, Lembranças da Terra e outras histórias de um futuro possível foi apenas uma escolha de todos esses textos que tenho na gaveta. Para dar algo de coerência ao volume, decidi recompilar apenas os relatos de ficção científica. Para outra ocasião ficarão os relatos pertencentes a outros géneros (o histórico, o terror, a intriga, etc…). Também tenho um par de romances rematados, que aguardo poder publicar nuns anos. O primeiro é um texto ambientado na história lendária da Galiza, num tempo de heróis e de deuses, que tem como protagonista Ith, filho de Breogão, da raça dos Gaedhail. O segundo é outro romance histórico, ambientado no Egito da IV Dinastia. (…)”