O venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida, 160) de Vigo, terá lugar o recital poético Papeis mollados, de Manuel M. Romón, que vai contar co colaboración do músico Suso Cortegoso, no espazo da exposición Océano, de Antón Patiño. Unha proposta que mantén a radicalidade vangardista da lendaria aportación do autor a Rompente, mais vinculada á experimentación das novas linguaxes poéticas.
Betanzos: presentación de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras
Mondoñedo: presentación da Poesía galega completa, de Xosé María Díaz Castro
Pontevedra: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
A Coruña: XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro
O xoves 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XVIII Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coa participación de:
– Grupo de Teatro da A. C. Alexandre Bóveda, coa obra Palabras de víspera, de Álvaro Cunqueiro;
– Grupo de Teatro Valacar da ONCE, coa obra Orientación, de Antonio Gelpí.
– Bucanero, coa obra Horario de visitas, de Ettore Buch.
– La Tuerka 27, coa obra Ascensores, de Alfonso Zurro.
– Espello Cóncavo, coa obra Occidente, de Lino Braxe.
– Música co pianista Antonio Rumbo.
– Premio Ibán Toxeiro pola súa aportación ao teatro a Francisco Pillado.
– Presenta: Juan Fernán.
– Dirixe: Lino Braxe.
Será ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.
Gañadoras e gañadores dos Premios Xuventude Crea 2014
Desde Fervenzas Literarias:
Coñécense os nomes dos gañadores do Xuventude Crea 2014, un certame para creadores novos que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda. A este certame, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, poden participar mozos ou mozas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2014.
Nas categorías máis vinculadas ao literario, os gañadores foron:
– Categoría Relato Breve.
1º Premio. Daniel Barral Calvo, coa obra Stalingrado.
2º Premio. Raquel Fernández González, coa obra 1987.
3º Premio. Irma Pérez González, coa obra Zapato.
– Categoría Poesía.
1º premio (compartido). Maria Rosario López Sánchez, coa obra Do quotidiano (RANDOM); e Brais González Pérez, coa obra Robeson, calquera.
2º premio (compartido). Ismael Ramos Castelo, coa obra O grande pecador; e Fabián Freijedo Fariñas, coa obra In-herencias, anacos de familiaridade.
3º premio (compartido). Raquel Iglesias Gándara, coa obra O meu patio de luces é moi feo; e Olalla Liñares García, coa obra Pirroto.
– Categoría Banda Deseñada.
1º Premio. Xulia Vicente Jiménez, coa obra Se os productos son bos…
2º Premio. Paloma Tarrío Alves, coa obra O pescador de tempos.
3º Premio. José Nuno Martins Pinto Fraga, coa obra Apicultor de homes.
– Categoría Teatro.
1º premio. Os Farsantes Teatro, coa obra Vincent.
2º premio. Asociación Cultural Pinchacarneiro Teatro, coa obra Tralo telón.
3º premio. Teatro La Passoire, coa obra Fétide nettoyage.”
Arteixo: presentación de A toponimia celta de Galicia, con Fernando Cabeza Quiles
O venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, preséntase A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado por Toxosoutos.