Tendo en conta que o aforo é limitado, é preciso inscribirse previamente aquí.
Vigo: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
O venres 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Dende o conflito, de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014. No acto participan, xunto á autora, Carme Vidal e Fran Alonso.
Agustín Fernández Paz: “Quixen contar a intrahistoria da represión nos anos sesenta”, entrevista en Pretexta
José Alberte Corral: “Nengum poeta galego com empatia e raizames com os humildes pode deixar de constatar a dor e o sofrimento em que estám mergulhados”
Entrevista a José Alberte Corral no Portal Galego da Língua:
“(…) – Portal Galego da Língua (PGL): Afirma Xulio López Valcárcel no prefácio que Gume de Navalha é «um desabafo nascido da “necessidade”». É tanto assim?
– José Alberte Corral (JAC): É. Gume de Navalha nasce da necessidade de me objetivar na veracidade existencial em que me encontrava nos momentos da sua escrita. Na iniludível olhada às esperanças, derrotas, vivências, experimentadas por mim desde as mais fundas cicatrizes que me conformam.
– PGL: Mais umha vez, o neoliberalismo selvagem e o imperialismo som alvo das tuas críticas, e um dos termos que mais se repete no texto é «infámia»…
– JAC: O neoliberalismo é em si mesmo a barbárie mais absoluta em que estamos envolvidos. É a ferramenta ideológica, política e económica do imperialismo anglo-sionista com a qual nom só nos escravizam, senom que também nos conformam na resignaçom e na cegueira. Infámia é a palavra com que descrevo a realidade perversa em que nos mergulham e ainda se chacoteiam de nós. Através dessa expressom pocuro dar um urro de arrebato pola nossa dignidade em tanto que povo e em tanto que classe. (…)
– PGL: A voz lírica de Gume de Navalha afirma que a sua vida decorreu «a golpes de cinzel». É umha mensagem autobiográfica?
– JAC: Todo ser humano existe nom só por razons biológicas, senom também por razons sociais e culturais. Somos em tanto que conhecemos e produzimos. Para conhecer é precisa a «palavra», é o instrumento que nos permite fazê-lo. E estes apetrechos venhem-nos dados de graça polos homens e mulheres que nos precedêrom e com os quais convivemos. Só podemos ser em tanto que é com os demais e nos demais; se nom, nom pode ser.
O que som atualmente é como conseqüência das minhas experiências com os outros e nos outros, das minhas vivências. Por razons que nom venhem ao caso, conhecim grandes traiçons e extraordinárias generosidades. O vivido, o compartido com os demais no transcurso do tempo fai-me ser o que som hoje, e isto manifesta-se na minha poesia e muito mais em Gume de Navalha, que é um livro de olhadas e de reflexons sobre o sonhado e vivido. (…)”
Pontevedra: A distancia do tambor, recital con poesía e música do Grupo Ouriol
Ordes: presentación de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira
O venres 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo do Traxe de Ordes (Rúa da Feira, 5), terá lugar a presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Miguel Calvo e Ignacio Carballo.
A Coruña: presentación de Da Vida Conclusa, de Mário Herrero
A sexta feira 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria-Café Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) da Coruña, preséntase o libro gañador do Premio de Poesía Figurante na edición de 2014, Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro. No acto, acompañando ao autor, estará Verónica Martínez Delgado.
Crónica videográfica das IV Xornadas de Literatura e Ensino: mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI
O sábado 18 de outubro, no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, tiveron lugar as IV Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o título A Xeración Nós-outr@s, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Esta á e crónica videográfica do acto, onde se poden ver as seguintes intervencións:
– Presentación da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Carlos Negro.
– Intervención de Rosa Aneiros.
– Intervención de Inma López Silva.
– Coloquio da mesa redonda Imaxinarios narrativos para o século XXI, con Rosa Aneiros e Inma López Silva.
A Coruña: Paseos pola Coruña Literaria, os 1, 8 e 15 de novembro
Os Paseos pola Coruña Literaria, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, consistirán nuns paseos pola Coruña da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.
A inscrición pódese realizar a partir do 20 de outubro na Conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888. Hai un total de 30 prazas por paseo, para maiores de 16 anos.
Os paseos serán os seguintes sábados, de 12:00 a 13:30 horas:
– Xurxo Souto – 1 de novembro.
– Inma López Silva – 8 de novembro.
– Xavier Seoane – 15 de novembro.
Xosé Antonio López Teixeira: “A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Xosé Antonio López Teixeira en BiosBardia:
“Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega (Toxosoutos) gañou o Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal 2013. Nesta obra, o historiador Xosé Antonio López Teixeira (Vigo, 1957) defende o poder que a Igrexa e a nobreza galegas tiñan no século XII no cerne do que a historiografía española oficial aínda hoxe define ben como reino de León ou directamente Coroa de Castela. Tamén serve este libro para reivindicar as calidades como político de Pedro Froilaz, o conde de Traba, que viviu sempre á sombra da fascinación que espertou a todos os niveis Diego Xelmírez.
– BiosBardia: A pesar de que aumentaron as publicacións que reivindican a existencia do reino medieval de Galicia, segue a ser heterodoxo encontrarse con textos coma o seu, que explican que a monarquía galega era hexemónica na política occidental cristiá ibérica até o século XIII.
– Xosé Antonio López Teixeira: A liña oficial de investigación da USC fai historia de España desde Galicia. Houbo tradicionalmente varias liñas de estudo sobre historia social, cos Irmandiños como gran símbolo. Son os propios historiadores medievais galegos os que renuncian a facer historia política. É máis, hai quen nos acusa de facermos “historia dos reis”. Non, intentamos cubrir o oco que hai na historia do poder, para coñecermos como se organizaba o territorio e quen mandaba nel. E se se analiza a documentación diplomática daqueles séculos vese que a Galicia histórica era hexemónica. (…)”