“Dende
a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, faise público os premiados no XLI Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba 2015.
– PRIMEIRO PREMIO, dotado con 3000 euros, flor natural e diploma, para o poemario Adagio por outono, presentado baixo o lema “Giacomo da Lentini”, por Modesto Fraga Moure, de Arteixo (A Coruña).
– SEGUNDO PREMIO, dotado con 1000 euros, flor natural e diploma, para o poemario, Poemas de ruxido e barruzo, presentado co lema “Barruzo” por Paulino Pereiro, de Ferrol.”
Mecanoscritos: Pura Vázquez
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“(…) Aos case xa dez anos do seu falecemento permítome deixar aquí este poema no seu recoñecemento e no de Manuel Luís Acuña.”
Booktrailer de O frío azul, de Ramón Caride
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no xoves 27
O
xoves 27 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 20:00 h. Presentación de Viaxe desde os cantís á memoria, de Mercedes Martínez Modroño, publicado en Toxosoutos.
Manuel Rivas: “A linguaxe da terra tamén é a da poesía, porque vai contra a falsidade”
Amadeo López Cobas, Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira con A cacería
Desde
Xerais:
“A finais do pasado mes de xullo fallouse no Concello de Ribeira a V edición do concurso de novela curta Cidade Centenaria, resultando gañadora a obra A cacería de Amadeo López Cobas, natural de Noia. Deste xeito consolídase un certame de novela curta do que xa resultaron gañadores Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e David Pobra. A Cacería é unha novela de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe. Unha proposta de narración épica, no que respectando as convencións do xénero de fantasía heroica, proponse unha reflexión sobre a conformación da identidade do heroe. O premio supón a reaparición en Galicia do noiés, afincado hoxe en Vigo, Amadeo López Cobas, que debutara na narrativa galega en 2002 con Contos de viaxe e que seis anos despois publicara As pantasmas sodes do que non hai. A Cacería será publicada por Xerais o vindeiro ano. (…)”
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no mércores 26
O
mércores 26 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo do poeta chantadino Xosé Lois García, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
I Certame de Escritura Moaña (o prazo para presentar orixinais remata o 28 de agosto)
“10 poemas galegos que se converteron tamén en cancións”
Desde
Disquecool:
“Está claro que a relación entre poesía e canción é estreita, e moitas veces a fronteira é difusa. Por algo son algúns músicos considerados tamén poetas, e a musicalidade é clave en calquera composición poética. Por iso tamén, son moitos os grupos musicais que queren converter os seus poemas favoritos en cancións.
A literatura galega non escapa a esa tendencia e moitos poemas en galego, de todas as épocas e estilos, teñen sido levados a cancións. Sen dúbida todos coñecemos a ‘Negra sombra’ de Rosalía de Castro, cantada por Luz Casal, pero hai moitos máis exemplos.
1. Negra sombra – Luz Casal e Carlos Núñez
2. Unha noite na eira do trigo – Os Tamara
3. Osaka – Os amigos dos músicos
4. Chove en Santiago – Luar na lubre
5. En Leonberg – Manu Clavijo
6. Quen puidera namorala – Xoel López
7. O cartafol do vento – Maite Dono
8. Cercaram-me as ondas – Pedro Barroso
9. Querida mamá, estou aprendendo a ladrar – Xardín desordenado
10. Longa noite de pedra – Astarot (…)”




