Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Florencio Delgado Gurriarán foi en varias ocasións candidato a protagonizar o Día das Letras Galegas hai poucos anos e a proposta non tivo sorte. Descoñezo se se retomará esta iniciativa e se na RAG se considerará a súa figura e obra no futuro como merecente de recoñecemento. Ao respecto Ricardo Gurriarán publicou Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, nas Ediciós do Castro (1999), un libro aínda fundamental para coñecer a biografía deste autor. Hoxe, por xentileza da Fundación Penzol rescato aquí unha carta depositada no Arquivo Fernández del Riego, datada en 1959, centrada na revista Vieiros, en Manuel Fabeiro, arredor proxectos literarios do autor e sobre a morte de Ramón Cabanillas, entre outros asuntos. Debaixo da reprodución desta carta incorporo a súa transcrición.”
Vigo: palestra Vigo: escenario e argumento, por Francisco Castro
O
martes 21 de abril, ás 20:00 horas, no Colexio de Arquitectos de Vigo (Rúa Doutor Cadaval, 5), o Colectivo Pertenza organiza a palestra Vigo: escenario e argumento, impartida por Francisco Castro, quen afondará nalgunhas novelas, poemas e autores que escolleron Vigo como escenario da súa obra.
Vigo: presentación de Palavras a Espártaco, de Vítor Vaqueiro
Entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o número 100 da revista A Trabe de Ouro
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“A revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro cumpre 25 anos e presenta o seu número 100. Entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín. Pode escoitarse completa aquí.”
Bases do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
Radiocrítica do 06-04-2015, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 6 de abril en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de O faro escuro, de María López Sández (1:21); de Escritoras na Galicia do século XIX, editado por Carlos Andrés González Paz (10:00), de Dos días escuros, de Carmén Caramés Gorgal (14:12) e do disco-libro A gramola gominola (20:50).”
Pódese escoitar directamente aquí.
Entrevista a Mário Herrero sobre Da Vida Conclusa
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Mário Herrero fálanos de Da Vida Conclusa, o libro co que gañou o II Premio de poesía O Figurante. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Pontevedra: actividades do sábado 18 e domingo 19 na Feira do Libro
Os
sábado 18 e domingo 19 de abril finaliza a Feira do Libro de Pontevedra (na Praza da Ferrería, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Feira do Libro de Pontevedra 2015:
Sábado 18
– 18:00 h. Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez López, por Edicións do Cumio. Participará Cándido Meixide.
– 19:00 h. Presentación do libro Os ratos da casa, de Xosé Manuel González “Oli” e ilustracións de Natalia Colombo, por Kalandraka. Sinatura de exemplares.
– 20:00 h. Contextualizando a Filgueira Valverde. Documental e coloquio por Gonzalo Veloso e Francisco Castro. Galaxia.
Domingo 19
– 13:00 h. Recital poético–narrativo coa participación de Teresa Cameselle, Lydia Leyte, María Lado e Mariña Pérez Rei






