Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria sobre Luísa Villalta, da man de María Casar, que tivo lugar o pasado 25 de abril. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Compostela: presentación de Palavras a Espártaco, de Vítor Vaqueiro
Compostela: debate e coloquio Por unha lingua de calidade
Entrevistas a Ana Acuña e Diego Ameixeiras en La Región
Compostela: presentación de A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión
O
mércores 29 de abril, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9, baixo), en Santiago de Compostela, Margarita Ledo falará sobre o libro-dvd A cicatriz branca, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Víctor Freixanes e Pilar Cagiao.
Xosé Ramón Pena: “É absoluta falacia que a galega sexa unha literatura local e só lírica”
Da Vida Conclusa, de Mário Herrero, obtén o Prémio Literário Glória de Sant’Anna
Da Vida Conclusa,
de Mário Herrero Valeiro, publicado por O Figurante, obtivo o Prémio Literário Glória de Sant’Anna 2015 de poesia com 1ª edição em Portugal, países e regiões lusófonas. O xuri estivo formado por Fátima Mendonça, Jacinto Guimarães, Rui Paes, Víctor Oliveira Mateus e Xosé Lois García. O anuncio completo pode verse aquí: Mário Herrero Prémio Sant’Anna 2015.
Parlamento das Letras: Xerardo AgraFoxo
Entrevista
de Armando Requeixo a Xerardo AgraFoxo no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): Se tiveses que historiografar a túa propia traxectoria literaria, ¿que trazos salientarías?
– Xerardo AgraFoxo (XA): A dun escritor curioso e perseverante, que sempre se deixa engaiolar polas historias onde a personalidade dos protagonistas é tan importante como a trama argumental. (…)
– AR: ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– XA: Fáltanlle moitos máis lectores e máis visibilidade nos medios. E coido que a guerra lingüística é un elemento distorsionador. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– XA: Coido que estamos nunha época moi condicionada pola perda de galegofalantes e tamén pola ameaza do imperio dixital. (…)”
A Coruña: presentación de María Barbeito, de Ana Romero
Diego Ameixeiras e Ana Acuña, Premios Losada Diéguez
Desde
Sermos Galiza:
“A nova novela de Diego Ameixeiras, Conduce rápido, é o libro de narrativa escollido polo xurado do Premio Losada Díéguez para a súa 30ª edición na modalidade de Creación Literaria. Da obra de Ameixeiras, o xurado destaca, entre outros valores, a “proximidade da linguaxe ao público máis novo”, ademais do retrato de personaxes contemporáneos e a boa recepción que a obra tivo entre lectores e lectoras e tamén no ámbito da crítica. Novela negra ambientada en Compostela, crónica social e de sucesos na que Ameixeiras dá un paso adiante na liña que inaugurou con Historias de Oregón e seguiu en títulos como Matarte lentamente, Todo Ok ou Dime algo sucio, o seu anterior libro.
En canto ao premio de Investigación e Ensaio, o xurado do Losada Diéguez optou por destacar a obra Conciencia política e literatura galega en Madrid, de Ana Acuña ao tempo que destaca o seu rigor no estudo da presenza de galegas e galegos en Madrid no período 1950-2000. Os premios entregaranse o vindeiro 13 de xuño no pazo da familia Losada en Boborás.”










