6. Nosa Señora da Barca (CEIP Campolongo, Pontevedra)
7. Fun un domingo (CEIP da Armenteira, Meis)
8. Un repoludo gaiteiro (Colexio Obradoiro, A Coruña)
6. Nosa Señora da Barca (CEIP Campolongo, Pontevedra)
7. Fun un domingo (CEIP da Armenteira, Meis)
8. Un repoludo gaiteiro (Colexio Obradoiro, A Coruña)
3. -Dios bendiga todo, nena (CEIP Santo Paio de Abaixo, Reboreda-Redondela)
4. -Cantan os galos pra o día (IES Nº 1, Ribeira)
5. Miña Santiña (CPI da Picota, Mazaricos)
Entrevista de Armando Requeixo a Chelo Suárez no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Chelo Suárez (CS): É moi difícil pronunciarse neste apartado. As nosas letras foron asentadas solidamente, dignificadas por poetas e escritores ao longo do tempo. Síntome moi orgullosa do noso pasado literario, formado por escritoras e escritores magníficos. Mulleres e homes que abriron o camiño a cantos vimos detrás. Sobrarlle ás letras definitivamente? Quen está á altura de poder dicir: “isto é o que sobra”. Paréceme excesivamente pretensioso cando, en literatura, todo é admisible, nada se pode negar e, ata o máis fútil, pode ter o seu punto de orixinalidade. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– CS: Comparo o noso presente literario cun ceo estrelado. Nel destacan autores fixos dun brillo inusitado, outros de menor intensidade, intermitentes, opacos… Algúns pasan cegantes, efémeros como lóstregos ante nós. Penso que temos un presente literario bastante desigual, pero nada aburrido. (…)”.
Desde Radiofusión:
A novela En vías de extinción quere contribuir a visibilizar a vida das lesbianas. Construir un imaxinario de igualdade e de liberdade, e traballar para eliminar prexuízos, segundo a súa autora María Reimóndez. Gaia protagoniza a novela (…) Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante. Así é o vehículo que Reimóndez emprega na súa última obra.
A entrevista pódese escoitar completa aquí.
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Na web da Real Academia Galega pode consultarse unha ampla crónica do acto, onde se recolle o discurso de ingreso de Xosé Fernández Ferreiro e a resposta de Manuel Rivas.
En representación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega estivo presente no acto Mercedes Queixas.
Desde Sermos Galiza:
“A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a entidade oficial que reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega, a través do seu presidente Césareo Sánchez Iglesias, opina que é “ofensivo que se chame a unha persoa que non é unha escritora en lingua galega nin ten nada que ver con todo o que simboliza Rosalía de Castro”. No parecer da AELG tamén “é ofensivo” que se represente con ela “a unha lingua maltratada como tamén son maltratadas moitas mulleres”.
Desde a mesma entidade lembran que “sempre estivemos a disposición da Secretaría Xeral de Igualdade”, mesmo con actividades nas casas de acollida. “Estamos diante dun acto profundamente agresivo para a cultura galega”, indica Cesáreo Sánchez, “unha cultura construída de maneira determinante por mulleres galegas que defenderon o que representa Rosalía de Castro”.
O PEN de Galiza, integrado en 1989 no PEN Internacional de escritores que representa a 146 Centros en 106 países, remitiu un comunicado no que afirma que “honrar a Rosalía de Castro, muller símbolo de Galiza, na conmemoración oficial do Día Internacional da Muller, implica a obrigada participación de escritoras en lingua galega”. Para a organización que preside Luís González Tosar “esta exclusión agravia ao conxunto do sistema literario de noso e desacredita aos organizadores”.
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, manifestou en relación a que se escollera unha escritora en castelán que “desde que Rosalía publica Cantares Gallegos hai 150 anos, con máis ou menos dificultades, hai escritoras en galego coas que se pode contar”.”
O luns
11 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Eva Veiga e o poeta portugués Nuno Júdice.