Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XV)

O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Carlos Casares de Vigo do seguinte xeito:
“1) Graffiti no muro que arrodea o centro con motivos alusivos a Rosalía.
2) Dous recitais con poemas de Rosalía:
– 1º ciclo da ESO.
– 2º ciclo: poemas recitados e/ou rapeados por grupos ao unísono e ao final recitado ao unísono por ciclos de Adiós ríos….”

A Coruña: actividades destacadas do venres 21 en CoruñaMayúscula

O venres 21 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
11:00 h. Recital de poesía no Auditorio, coa participación de Berta Dávila, Mercedes Díaz-Villarías, Miriam Reyes e Isabel Pérez Montalbán.
19:30 h. Conversa sobre Galicia, Terra de Mulleres Poetas, na Aula 9, con Eva Veiga e Carmen Blanco.

Vilagarcía: celebración do Día da Poesía cunha dramatización de poemas de Rosalía de Castro

DesdeTecín soia a miña tea Noticieiro Galego:
“A Biblioteca Pública Rosalía de Castro celebra mañá, 21 de marzo, o Día da Poesía, organizando unha actividade que tamén servirá de colofón aos actos programados con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Será a través dunha dramatización de poemas da autora de Cantares Gallegos que correrá a cargo de Ana Hermida e á que asistirá un grupo de alumnos de 3º da ESO. Coincidindo co Día da Poesía clausúrase a exposición sobre Rosalía que se puido visitar na Biblioteca nas últimas semanas. (…)
Segundo a intérprete, Ana Hermida, este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra. A peza baséase integramente en poemas de Rosalía e Miguel Anxo Fernán -Vello. (…)”
Crónica posterior en Faro de Vigo.