“A
Agrupación Cultural O Galo lamenta profundamente o pasamento, o 24 de agosto do 2012, do seu presidente de Honra, Óscar Fernández Refoxo. Refoxo foi fundador da Agrupación no ano 1961 e presidiuna desde o 1991 ata o 2011, ano no que foi nomeado presidente de honra da mesma. Home comprometido e loitador, defendeu sempre activamente a cultura e a lingua galegas así coma o asociacionismo. Participou na fundación da Agrupación Cultural O Galo, primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo e presidiuna durante 20 anos. Na actualidade, e desde o ano pasado, ocupaba a presidencia de honra da entidade, recoñecemento polo seu traballo incansable na agrupación. Ademais de no Galo, colaboraba con moitas outras entidades, por exemplo co Museo do Pobo Galego ou coa Fundación Araguaney, das cales era patrono.” Vía A. C. O Galo.
Proxección exterior da poesía galega
Desde
Caderno da crítica, blogue de Ramón Nicolás:
“Distribúese, desde hai escasos días, unha antoloxía poética publicada polo selo inglés Shearsman Books baixo a responsabilidade da profesora Manuela Palacios; unha empresa editora, por certo, aberta e receptiva á literatura contemporánea galega pois xa acolle no seu catálogo poemarios de Chus Pato, María do Cebreiro e, hai pouco, de Manuel Rivas, en tradución da irlandesa Lorna Shaughnessy. (…) Nesta ocasión, incorpóranse versións bilingües en galego e inglés de poemas de Chus Pato e María do Cebreiro, que constituían parte do catálogo de Shearsman, xunto con outras voces que non formaran parte da antoloxía anterior -a devandita To the Winds…- e que son Pilar Pallarés, Yolanda Castaño e mais Lupe Gómez Arto; de todas elas poden lerse composicións, nalgúns casos inéditas, traducidas ao inglés por poetas irlandesas que, segundo a editora do volume, gozasen dalgunha afinidade, de carácter estilístico e temático, coa obra das poetas que traducen. A carón delas, súmanse catro poetas vascas –Itxaro Borda, Miren Agur Meabe, Castillo Suárez e Leire Bilbao- e catro catalás –Vinyet Panyella, Susanna Rafart, Gemma Gorga e Mirei Calafell-, con textos en inglés e nas súas respectivas linguas, para poñer o ramo a un excelente volume, coidadosamente anotado e que só cómpre saudar con satisfacción.”
Carballo: actividades do sábado 25 e domingo 26 na Praza dos Libros
Finaliza
a Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 25 e domingo 26:
Sábado 25
– 20:30 h. Presentación dos libros Primavera de navallas, de Xurxo Chapela, e Solpor en Waterloo, de Xosé Manuel García, publicados conxuntamente na nova editora Que Queres, coa participación dos autores.
Domingo 26
– 12:00 h. Sinatura de exemplares do libro Follas de Carballo, publicado pola A. C. Lumieira, por parte dos seguintes autores e autora: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño, Ignacio Silva e Xurxo Chapela.
– 12:30 h. Presentación de Esperando o leiteiro, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, O’Mighelo tocará varias pezas de acordeón acompañando ao autor.
– 19:30 h. Presentación da película e álbum de banda deseñada Engurras, publicado por El Patito Editorial, coa participación de María Arochena, Gemma Sesar e Suso Villar.
– 20:30 h. Concerto-presentación de Rapoemas, de Aid, publicado en Galaxia. Xunto á autora, participa Francisco Castro.
Cangas: presentación de Carné de identidade, de Mahmud Darwix
Publicado o Revista de Poesía nº 2 en Poesía Galega
“Pode
lerse e baixarse en pdf o número 2 completo da Revista de Poesía, proxecto semestral do Grupo Alea de Análise Poética dirixido a investigadores/as e público en xeral que inclúe artigos, entrevistas, reseñas, obra gráfica e traducións sobre poesía galega e internacional. Poesiagalega.org pon a disposición pública o segundo número da súa Revista de Poesía, cuxo comité de redacción está formado por Arturo Casas, Margarita García Candeira, María López Sández, Montse Pena Presas e María do Cebreiro Rábade Villar. (…)” Vía Poesiagalega.
Manuscritos: Xabier López
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
Carballo: actividades do venres 24 na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá até o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o venres 24:
– 12:30 h. Contacontos de Paula Carballeira e presentación do seu libro O principio, publicado por Kalandraka.
– 19:30 h. Presentación conxunta das obras Patente de corso, de Rafa Villar, e Acuario, de María Canosa, publicadas por Embora. No acto, nenas e nenos recitarán poemas dos libros.
– 20:30 h. Espectáculo poético-musical de presentación de Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas. No acto participan, xunto á autora, Mon Búa, Mon Lendoiro e Chiña.
Monforte: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas
Dentro
da XV edición da Feira do Libro de Monforte, que se desenvolve na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, o venres 24 ás 20:00 horas, preséntase Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado en Everest Galicia. No acto, xunto á autora, participan Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello. O programa completo pódese descargar aquí: XV Feira do Libro de Monforte.
Cambados: presentación de Locus Solus, de Raymond Roussel e Angel Esquire, de Edgar Wallace
O
venres 24 de agosto, ás 20:30 horas, no Pazo de Torrado, Fefiñáns, Cambados, preséntanse as obras Locus Solus, de Raymond Roussel e Angel Esquire, de Edgar Wallace, publicadas en Hugin e Munin. No acto, organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos, participan os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto ao editor, Alejandro Tobar.
Carballo: actividades do xoves 23 na Praza dos Libros
Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolverá entre o xoves 23 e o domingo 26 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o xoves 23:
– 13:00 h. Pregón inaugural a cargo de Fernando Cabezas Quiles, coa participación de Mar Eirís e Evencio Ferrero.
– 19:30 h. Presentación conxunta de Outramente…, de Pilar García Negro, e Lingua e variación dialectal, de Xosé Manuel Sánchez Rei, publicados en Laiovento. No acto, coorganizado pola Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños, participa, xunto aos autores, Xosé Cotelo.
– 20:30 h. Presentación do libro As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Pablo Vaamonde, Xosé Turnes e Manuel Bragado.

