“Agosto de 1957. Entre o día 4 e o día 6, Valentín Paz Andrade visita o Centro Galego e imparte varias conferencias vinculadas á política e a economía de Galicia. Estes fragmentos, dixitalizados e seleccionados polo Arquivo Sonoro de Galicia a partir da Colección do Centro Galego de Bos Aires, permiten comprender o pensamento do empresario e intelectual. No interior do texto dispos das referencias concretas destes fragmentos de audio.” Vía Cultura Galega:
A Coruña: presentación de Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro
Miro Villar: “As Crebas é case un espello de min propio, para me ollar desde o outro lado”
Entrevista
a Miro Villar en Letra en Obras:
“(…) – Letra en Obras (LeO): Podemos definir As Crebas coma o caderno de observación dun poeta en terra?
– Miro Villar (MV): Adoito facer uso da palabra do léxico mariñeiro “bitácora” para me referir ao meu blogue, porque pretende facer unha función semellante á dun caderno de bitácora. En efecto, podería dicirse que se trata “dun caderno de observación dun poeta en terra” (moi atinada a vosa definición), pois é unha bitácora cultural e literaria, con preponderancia da poesía como temática, pois alén de moitas cousas considero que son en esencia poeta. Daquela naceu para visibilizar a miña propia creación literaria nun momento en que os espazos no noso idioma estaban máis debilitados ca nunca. E xa non digamos en poesía, pois pecharon coleccións e as que existen reducíronse á mínima expresión. E tamén para dar testemuño das literaturas que me apracen (nomeadamente a sección Poemas) en calquera lingua do mundo, mais dando preferencia aos poetas amados que teñan traducións ao galego, ao portugués ou ao español. Xa logo, para dar conta doutras preocupacións varias: arte, cinema, teatro… ou incluso os roteiros que realizo en épocas de camiñada. A política tamén ten o seu lugar, mais é minúsculo a respecto dos outros temas fulcrais. En definitiva, é case un espello de min propio, para me ollar desde o outro lado do espello. (…)
– LeO: Definitivamente, a literatura e todo o que a rodea xa está máis na rede que no propio papel?
– MV: Non o sei, mais non o creo aínda. Évos ben curioso, recibo un premio por un blogue cando sempre adoito definirme coma un “dinosauro” a respecto da rede. Amo, talvez demasiado, a literatura en papel. Na casa teño problemas de espazo por culpa dos libros que ateigan os meus andeis. Continúo a mercar e tamén a gozar dos libros como obxecto, mais aínda así é ben certo que a día hoxe xa leo tamén moita literatura na arañeira, que ten unha virtude incuestionable que é poder achegarte a calquera literatura do mundo, até da nación máis pequena, en cuestión de segundos. Poño por caso, até hai pouco nada sabía da esplendorosa poesía indíxena de México e grazas á rede coñecín esa literatura que é minorizada nos propios Estados Unidos de México (denominación oficial, por certo). (…)”
Barcelona: conferencia de Miguel Anxo Seixas sobre Valentín Paz Andrade
O
xoves 10 de maio, ás 19:30 horas, na Sala del Professorat, 5º andar da Facultat de Filologia Universitat de Barcelona (Rúa Aribau, 2), Miguel Anxo Seixas Seoane pronunciará a conferencia Valentín Paz Andrade. Galicia labra a súa imaxe. O acto será presentado por Adolfo Sotelo. Crónica posterior no blogue de Estudis Gallecs i Portuguesos.
Redondela: relatorio sobre Valentín Paz Andrade
Vigo: mesa redonda A familia na literatura infantil e xuvenil
O venres 11 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, terá lugar unha mesa de editores no marco das II Xornadas Internacionais de Crítica e Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil, coa participación de Manuel Bragado, Xosé Ballesteros, Nati de la Puerta e Francisco Castro.
Carballo: maratón de lectura As letras en voces, o 17 de maio
O
xoves 17 de maio, de 11:00 a 13:30 horas, no Xardín Municipal de Carballo, e dentro dos actos do Mes das Letras organizado polo Concello de Carballo, terá lugar unha lectura pública e colectiva dos autores homenaxeados no Día das Letras na que cada participante le un fragmento literario de calquera dos cincuenta autores que teñen sido recoñecidos este día, con especial atención ao escollido este ano, o pontevedrés Valentín Paz-Andrade. Os interesados e interesadas en reservar horario poden facelo no teléfono 981-704300; no fax 981-704302 e no correo cultura@carballo.org. O maratón As letras en voces contará, así mesmo, coa apertura musical da Banda Tradicional de Gaitas, que dirixe Xesús Moreira, e coa actuación das corais Riveiras do Anllóns e o coro da Asociación COEI.
O Grove: presentación de A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro
O
venres 11 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei (Monte da Vila, 11) do Grove, preséntase o libro A Torre das Lavercas, de Daniel Ameixeiro, publicado en Xerais. O acto está coorganizado pola Casa da Cultura do Grove e a propia editora.
Santiago: presentación de Canto do pobo disperso, poemario inédito de Valentín Paz Andrade
O
Consello da Cultura Galega presentará o xoves 10 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca da institución, preséntase o poemario Canto do pobo disperso, transcrición e facsímile dun inédito de Valentín Paz Andrade, publicado polo propio Consello da Cultura, que contribúe así á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación dunha peza senlleira da figura homenaxeada. A edición estivo ao coidado de María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona, e autora do estudo introdutorio. Na rolda de prensa intervirán Ramón Villares, Rosario Álvarez e Alfonso Paz-Andrade.
Os escolares escollen os mellores libros nos premios Frei Martín Sarmiento
“Entregáronse
os Premios Frei Martín Sarmiento nas tres categorías de educación primaria. As obras gañadoras foron: As espiñas do porco espiño, de Abraham Carreiro, publicado en A Nosa Terra, no primeiro ciclo; Xoa, de Antonio Yáñez Casal, publicada en Xerais, no segundo ciclo; e A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, publicada tamén en Xerais, no terceiro ciclo.” Vía Fervenzas Literarias.

