Arteixo: II edición de Mistura, no Día Internacional da Poesía
O
mércores 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo, terá lugar a II edición de Mistura, no Día Internacional da Poesía. No acto, presentado por Óscar de Souto, participan os poetas Marco Madeira, Manolo Pombo, Carmen Corral, Begoña Picón, Lucía Vilches e Antón Borrazás, o grupo teatral Azahar, o concerto poético Versus, con Antón Borrazás e Miguel Queipo acompañados pola música de Pablo Seijas, a pintura de Javier de la Rosa e a Escola de Danza Cinderella.
Ourense: recital poético de Celsa Barja
O
mércores 21 de marzo, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal A Ponte (Rúa Eulogio Gómez Franqueira) de Ourense, Celsa Barja dará un recital poético, ao que todos os asistentes, especialmente nenas e nenos, poderán aportar poemas visuais, uníndose deste xeito á celebración do Día Mundial da Poesía. O acto pecharase cunha pequena interpretación ao piano da propia autora.
Os editores galegos participan na Feira do Libro de Boloña
“A
Feira do Libro para rapaces de Boloña é o evento máis importante do mundo adicado ó libro infantil e xuvenil. Profesionais de todo o mundo daranse cita entre o 19 e o 22 de marzo na cidade italiana. O evento conta cun espazo de 20.000 m2 nos que se ubican os pavillóns que acollen ós editores dos cinco continentes. Mil douscentos expositores procedentes de 66 países e 5.000 profesionais. A feira conta tamén cun centro de axentes literarios e un espazo propio para ilustradores no que cada ano se monta unha gran exposición de obras para álbums ilustrados. O peso da ilustración na feira é enorme. Están acreditados máis de 70 xornalistas de todo o mundo e no transcurso da feira vanse dar a coñecer os libros. Os gañadores dos Premios Hans Christian Andersen do ano 2012 serán anunciados na feira o 19 de marzo e a cerimonia de entrega terá lugar durante o 33º Congreso Internacional de IBBY, que vai ter lugar en Londres do 23 ó 26 de agosto de 2012. O candidato da sección española é Agustín Fernández Paz, autor que tamén foi recoñecido na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, México, do ano 2011, como Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil. Varios editores galegos participan no stand patrocinado pola Consellería de Cultura. Contarán con libros na feira os editores de Biblos Clube, Baía Edicións, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, OQO Editora, Ouvirmos e Toxosoutos e Edicións Xerais de Galicia. Contarán con espazo propio na feira: Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións e OQO Editora. Amais dos editores destas tres empresas,desprázanse a este evento editores do Consorcio Editorial Galego, empresa distribuidora de máis de cen editorais e entidades galegas; Editorial Galaxia e Ediciones Linteo. O 20 de marzo será presentado o catálogo Galician Books for Children & Young Adults, unha publicación dos editores galegos patrocinada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e elaborada por GÁLIX, entidade que traballa en Galicia a prol da LIX e que forma parte da internacional OEPLI, organización europea de promoción da literatura infantil e xuvenil.” Vía Asociación Galega de Editores.
Pontevedra: Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2012, actos de contido literario do 21 ao 23 de marzo
Do
domingo 4 ao sábado 31 de marzo, no Pazo de Cultura de Pontevedra, regresa o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para achegarnos ao mundo da literatura. Este ano o Salón, que ten a Paco Martín como autor homenaxeado, indagará nas supersticións; de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros. O horario de apertura será de luns a venres de 9:30 a 13:30 h., e de 16:30 a 20:00 h., e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. O programa completo pódese descargar aquí: programa_salon_libro_2012.
– O mércores 21 e o xoves 22 de marzo, ás 18:30 horas, no Auditorio do Pazo, María Lado e Lucía Aldao, xunto ao Seminario permanente e Jazz e a Editorial Oqo, organizan a representación de As manoplas de Carapuchiña, conto cantado. Está destinado a un público a partir de 4 anos, e as entradas custan 3 euros.
– O venres 23 de marzo, ás 19:00 horas, na Sala de exposicións, preséntanse os libros de Anxo Fariña Os Megatoxos e o aprendiz de druída e Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, publicados en Xerais. Xunto ao autor participa Manuel Bragado.
A Coruña: actos do mércores 20 de marzo en CoruñaMayúscula
O
mércores 21 de marzo, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n.) da Coruña, e dentro do programa CoruñaMayúscula, terán lugar as seguintes actividades con presenza galega:
– 11:00-12:00 h. No Auditorio, recital poético de Antía Otero, Gracia Iglesias e Antón Castro.
– 19:30 h. Na Aula 9, mesa redonda co título Poesía, futuro, coa presenza de José María Paz Gago, Yolanda Castaño e Guillermina Royo-Villanova.
– 20:30 h. Na mesma Aula 9, combate verbal entre Manuel Vilas e Camilo Franco.
– 22:00 h. Recital 11×6. Participan Sofía Castañón, Antón Castro, Estevo Creus, Gonzalo Escarpa, Estíbaliz Espinosa, Eduardo Estévez, Gracia Iglesias, Elena Medel, Antía Otero, Ángel Petisme e Estelle Talavera Baudet, presentados por Pedro Ramos.
Gondomar: presentación de Historia das Mulleres de Galicia
O
mércores 21 de marzo, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase os catro volumes de Historia das Mulleres en Galicia, publicados por Nigra Trea. No acto, que remata o ciclo Mulleres na Historia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Asociación de Mulleres do Val Miñor Area Loura, participan Ofelia Rey Castelao, María del Mar Llinares García e Milagres Chapela Iglesias.
Santiago: maratón de contacontos no Día Internacional da Narración Oral
Ourense: recital do Día Mundial da Poesía no Liceo
Pontevedra: Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2012, presentación de 2044, de Eduardo Santiago
Do
domingo 4 ao sábado 31 de marzo, no Pazo de Cultura de Pontevedra, regresa o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para achegarnos ao mundo da literatura. Este ano o Salón, que ten a Paco Martín como autor homenaxeado, indagará nas supersticións; de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros. O horario de apertura será de luns a venres de 9:30 a 13:30 h., e de 16:30 a 20:00 h., e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. O programa completo pódese descargar aquí: programa_salon_libro_2012.
– O martes 20 de marzo, ás 19:00 horas, na Sala de exposicións, preséntase a novela 2044, de Eduardo Santiago, publicada en Galaxia. No acto participa, xunto ao autor, Francisco Castro.


