‘A
revista electrónica estadounidense BigBridge ven de publicar no seu nº 15 unha pequena antoloxía de autores e autoras das letras galegas. O coordinador da escolma, o rianxeiro Fernando Ramón Lavandeira Suárez, subliña que “o obxectivo era dar a coñecer algo da nosa literatura actual a un público non moi -por non dicir nada- afeito a ela, como é o estadounidense”. BigBridge amosa unha escolma de once autores contemporáneos, como Miro Villar, María do Cebreiro, Inma López Silva ou Anxos Sumai, tanto en prosa como en verso. Por cada un dos autores o lector da revista pode consultar unha biografía, unha autopoética e unha selección da súa obra. As traducións corresponderon ao propio Lavandeira cara o castelán e de Terri Carrión para o inglés.’ Vía Fervenzas Literarias.
Vigo: actividades do sábado 9 e domingo 10 de xullo na Feira do Libro
Remata
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do sábado 9 son as seguintes:
– 18:30 h. Programa infantil: Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de GALIX.
– 19:30 h. Anxo Fariña presenta Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, intervirá Helena Pérez.
E as do domingo 10, derradeiro día da Feira deste ano, son estas:
– 19:00 h. Recital poético do Grupo Brétema. Participan no acto Anna Rufs, Anselmo Prada, Amante Romero, Alonso Rodríguez, Álvaro Garrido, Carmen Darriba, Candelaria Fernández, Dosi Martínes, Esmeralda Muiños, Gelu García, José Ángel Carvajal, José Crespo, José Manuel Olveira, Isabel González, Isaura Lago, Isabel Ruíz, Lara Fernández, Mario Fernández, Mª del Carmen Duro, Mª Luisa López, Margarita Agulló, Mª del Rosario Sabín, Manuela Fernández, Mariano Marcos, Manuel Vázquez, Miguel Correa, Rafael Gómez, Rosa Mª González, Rosa Mª Morales, Rosa Mª Vázquez, Teresa Cariño e Santiago González.
A Solaina de Piloño (Vila de Cruces): recital poético musical na X Forxa Literaria da Solaina
‘A
Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño (Vila de Cruces) organiza a X Forxa Literaria. Encontros culturais no rural. O xoves 7 de xullo inaugurouse coa proxección do documental Luís González López “Ferreiro”.
O venres 8 de xullo María Dolores González Pérez presenta o seu libro O vento do Nordés, acompañada por Héitor Mera, Tino Vaz e Raúl Belloso.
O sábado 9 de xullo acolle, entre outros actos, unha mesa redonda con Daniel González González, Xosé Vázquez Pintor, Ana Ulla e Daniel González Alén.
O domingo 10 clausúrase esta nova Forxa literaria, coa presentación do libro Cambio de estrela, de Iria Pedreira, publicado en 3C3, e o monólogo de Cándido Pazó titulado Falar non ten cancelas. De seguido celebrarase un recital músico poético onde intervirán Andrés Lareo Jr., Tamara Soto Soto, Nicolás Soto Mazás, Cristina Gende, Alba Payo Froiz, María Lado, Celso Fernández Celsiño, Andrea Porto Mato e José Luís Taboada Areán. Outro dos actos máis significativos son as entregas das medallas Amigo da Solaina, que este ano recaen, entre outras persoas, en Xosé Luna e Xoán Xosé Fernández Abella.’ Vía Fervenzas Literarias.
A Insua dos Poetas: Xosé María Díaz Castro será o homenaxeado na III Festa da Palabra
O
sábado 9 de xullo, ás 12:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarmás, no límite entre O Irixo e Carballiño), terá lugar a III Festa da Palabra, cunha homenaxe a Xosé María Díaz Castro. O mantedor do acto será Luciano Rodríguez Gómez.
O programa previsto para este día consistirá nun acto literario, no que intervirán estudosos da obra de Díaz Castro. Seguidamente, procederase ao recital, onde poetas lerán composicións propias e de Nimbos, e a inauguración da escultura de Xosé Cid, alegórica do poema Penélope, recollido na mencionada publicación. Tamén haberá un xantar literario, coma en edicións anteriores, no que os veciños das parroquias colindantes, compartirán palabras cos escritores e artistas da cultura.
A Insua dos Poetas comeza a súa andaina no ano 2009, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Libro, impulsado polo escritor e actual presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar, e apoiado pola escritora brasileira Nélida Piñon, o pintor Antón Lamazares e o escritor Manuel Rivas. Este espazo cultural, cedido polo poeta González Tosar, está situado nunha finca de hectáreas e sita no linde entre os Concellos do Irixo e O Carballiño. Pola súa banda a Fundación Insua dos Poetas está actualmente en trámite, nela participan desde institucións até escritores, e ten como finalidade establecer un diálogo creativo nun espazo aberto á natureza, así como tamén a defensa do medioambiente e a liberdade de expresión.
Crónica posterior en Galaxia, Galicia Hoxe, Xornal e La Voz de Galicia.
Diego Ameixeiras gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia
‘Historias
de Oregón, de Diego Ameixeiras, é o título da obra gañadora do Premio de Novela por Entregas que anualmente convoca La Voz de Galicia e que foi entregado na noite de onte na tradicional cea literaria nas instalacións do Museo Santiago Rey Fernández-Latorre. O escritor ourensán asegurou, nada máis recoller o premio, que gañalo “supón a posibilidade de chegar a un público amplísimo”. A historia gañadora ten como paisaxe a cidade de Ourense durante un verán, travestida en Oregón, pero coa xeografía e topónimos auténticos. Diego Ameixeiras gañou o premio cunha historia na que se cruzan varias vidas en situacións habituais nos informativos.’ (La Voz de Galicia).
Cangas: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado
Na
noite do sábado 9 ao domingo 10 de xullo, a partir das 00:30 horas, e dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Lucía Aldao e María Lado achegarán o seu espectáculo Moita poesía, pouca diversión.
Vigo: nova edición do Círculo Poético Aberto
O sábado 9 de xullo, ás 23:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar unha nova edición do Círculo Poético Aberto promovido polo Grupo Penúltimo Acto.
Participación galega no I Encontro de Escritores da Lusofonia, no Palácio da Brejoeira
Do
venres 29 ao domingo 31 de xullo, no Palácio da Brejoeira de Monção (no Alto Minho) terá lugar o I Encontro de Escritores da Lusofonia, onde “Escritores, músicos, criadores… pessoas de diferentes âmbitos da cultura e das artes vão reflectir sobre a realidade da lusofonia (tentando fugir dos tópicos), sobre as novas tecnologias e a sua relação com a literatura e as artes em geral, e sobre os movimentos do chamado Altermundo (ecoloxismo, empreendedorismo, antibelicismo, feminismo, decrescimento…) e a relação/situação das artes no mundo contemporâneo”. As inscricións pódense realizar aquí. Este é o programa, do que destacamos a participación galega:
* Sexta feira, 29 de xullo:
– 10:30 h. Tras o inicio do Encontro, presentación de Noente Paradise (Ugia Pedreira, Raquel Miragaia e Marina Oural).
– 16:00 h. Palestra: A Lusofonia ‐ uma realidade em construção permanente, coa presentación musicada de Cantos Lusófonos, Cancioneiro galego-português-brasileiro, de José Luís Do Pico Orjais, e a intervención de Carlos Quiroga, entre outros, e posterior debate a partir das 17:30 h.
* Sábado, 30 de xullo:
– 16:00 h. Baixo a moderación de Santiago Veloso, presentación do libro-disco Cores do Atlântico, e intervencións de Iolanda Gomis e Séchu Sende, entre outros, con debate posterior ás 17:30 h.
– 18:30 h. Monólogo teatralizado de Quico Cadaval.
– 22:00 h. Concerto Poesia nas Margens com Aline Frazão, Fred Martins e Ugia Pedreira.
* Domingo, 31 de xullo:
– 10:00 h. Intervencións sobre Os movimentos Altermundistas e a sua relação com a literatura (ecologismo, feminismo, empreendedorismo social, antibelicismo…), baixo a moderación de João Guisan Seixas.
– 16:30 h. Proseguen as intervencións, baixo a moderación de Lourdes Carita, entre outros, de Carlos Taibo e Iolanda Zúñiga.
– 21:00 h. Concerto de João Afonso e Uxía.
Crónica posterior de Séchu Sende no seu blog.
Vigo: actividades do venres 8 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do venres 1 ao domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do venres 8 son as seguintes:
– 18:30 h. Ecos da noite. Actuación poético musical de David Fernández Rivera acompañado do guitarrista Diego Pacheco.
– 19:30 h. Acto Lois Pereiro. Mesa redonda sobre o poeta monfortino, coa participación de Jacobo Fernández Serrano (autor da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro, Xerais), Anxo Angueira (coordinador do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, Xerais), Marcos Calveiro (autor do libro Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, Xerais), Xosé Manuel Pereiro e Fran Alonso.
– 20:00 h. A escritora Adela Figueroa e a ilustradora María Celsa Sánchez Vázquez asinarán exemplares do seu libro Madeira de mulher, publicado por Ediciós do Castro.
O debate sobre como celebrar a cultura
Artigo
en Cultura Galega: “O grande eco social que obtivo o Día das Letras dedicado a Lois Pereiro neste 2011 fai rexurdir o debate sobre o modelo de celebración da festa da nosa literatura. Entre outros temas, volta á palestra o debate sobre se o 17 de maio debe ser laborable ou continuar como festivo. Revisamos diferentes posturas encol desta cuestión na primeira dunha serie de reportaxes que quere analizar as mudanzas e as posiblidades de futuro desta celebración.”
