Entrevista ao Leo i Arremecághona, escritor e músico convidado dos Premios Xerais 2011 (Illa de San Simón, 11 de xuño de 2011).
AELG: Homenaxe O escritor na súa terra a Paco Martín (Lugo, 2011)
A
Homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XVII Edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Paco Martín, que será homenaxeado na súa terra natal, a cidade de Lugo, o sábado 25 de xuño.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de década e media como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do nome do homenaxeado/a a un espazo público ou infraestrutura cultural, neste caso a Biblioteca Municipal do barrio da Piringalla, en construción.
O programa de actos é o seguinte:
– 11:30 h. Avenida Ramón Ferreiro (Praza da Horta do Seminario).
Plantación da árbore simbólica do escritor e descubrimento do monólito conmemorativo.
INTERVEÑEN:
• Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da AELG.
• Mercedes Queixas Zas. Secretaria xeral da AELG.
• Paco Martín.
– 12:30 h. Salón de Plenos do Concello de Lugo.
Acto de entrega da “Letra E” e anuncio da inauguración da Biblioteca do Barrio da Piringalla co nome de Paco Martín.
INTERVEÑEN:
• Alcalde de Lugo.
• Mercedes Queixas Zas. Secretaria Xeral da AELG.
• Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da AELG.
• Alejandro Tobar: Laudatio.
Entrega da peza escultórica do artista Silverio Rivas.
• Intervención do homenaxeado: resposta á laudatio por parte de Paco Martín.
A Asociación de Escritoras e Escritores convida á cidadanía de Lugo a acompañar ao autor nestes dous actos.
A organización conta co apoio do Concello de Lugo, a Deputación Provincial, a Consellaría de Cultura e o Centro Español de Dereitos Reprográficos.
Repercusións mediáticas posteriores: Galicia Hoxe, El Progreso.
Entrevista a Antonio Reigosa, nos Premios Xerais 2011
Entrevista a Antonio Reigosa, membro do xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil, no marco dos Premios Xerais 2011 (Illa de San Simón, 11 de xuño de 2011).
Intervención de Agustín Fernández Paz na homenaxe dos Equipos de Normalización Lingüística
Intervención de Agustín Fernández Paz na homenaxe que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino lle renderon no transcurso do acto 1991-2011. Vinte anos dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, celebrado no Museo do Pobo Galego o 4 de xuño de 2011.
Santiago: presentación de As crebas, de Miro Villar
O
mércores 22 de xuño, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, preséntase o libro As crebas, de Miro Villar, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, estarán Miguel Anxo Fernán Vello, Francisco X. Fernández Naval e Francisco Fernández Rei.
Santiago: presentación audiovisual de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández
O mércores 22 de xuño, ás 20:30 horas, no hotel AC Palacio do Carme de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación audiovisual de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, publicada en Galaxia. No acto participan, co autor, Ángel de la Cruz e Víctor F. Freixanes.
Nigrán: presentación das Actas do Congreso Emigración e educación (1900-1936)
O mércores 22 de xuño, ás 13:00 horas, no IES Escolas Proval de Nigrán, presentarase o libro que recolle as Actas do Congreso Emigración e educación (1900-1936). Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, e que recolle as aportacións, entre outros, de Ramón Villares, Antón Costa ou Xosé Manuel Beiras, coordinados polo profesor Xosé Manuel Malheiro.
Lugo: presentación de A novísima dereita e nós, de Manuel M. Barreiro
O
mércores 22 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (San Marcos, 8), presentación do ensaio A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa, de Manuel M. Barreiro, publicado en 2.0 Editora. No acto, acompaña ao autor Mar Pérez Fra.
A Coruña: presentación da exposición multimedia Lois Pereiro nas bibliotecas nodais
Entrevista a An Alfaya, nos Premios Xerais 2011
Entrevista a An Alfaya, no marco dos Premios Xerais 2011 (Illa de San Simón, 11 de xuño de 2011).

