(Galaxia)
Pontevedra: presentación de Do ñ para o nh, de Valentim Rodrigues Fagim
O
venres 5 de novembro, ás 20:00 h., preséntase no Centro Social Revira (rúa de Gonzalo Gallas nº 4) de Pontevedra o libro Do Ñ para o NH (manual de língua para transitar do galego-castelhano para o galego-português, polo seu autor Valentim Rodrigues Fagim, publicado en Através Editora.
Rubén Ruibal e Gustavo Pernas: “Non lle damos medo ao poder”
Entrevista
a Rubén Ruibal e Gustavo Pernas en El País:
“El País: Que se pode facer?
Gustavo Pernas: Xuntármonos os diferentes sectores sería fundamental. Hai pouco, un enxeñeiro alemán falounos dos recurtes no seu país. Dicía que é doado rebaixar na cultura porque noutros sectores hai lobbies que amalgaman a xente, pero a cultura está individualizada entre creadores e pequenos colectivos. Non hai nada que lle dea medo ao poder. E o noso esparexemento, a falta dun tecido cultural, é maior.
Rubén Ruibal: Eu en dúas tardes que botei na feira do libro da Coruña vino ben. Chega a tal extremo a separación entre xéneros que primeiro entraron os novelistas á presentación dunha novela; saíron os novelistas e entraron os poetas, e ao final entraron os coruñesistas que non len novela nin poesía. Iso é así.”
Consello da Cultura Galega: A cultura na época das vacas fracas (II)
“Unha
maior presenza da iniciativa privada e a innovación preséntanse como chaves na consolidación das industrias culturais. E cómpre actuar con rapidez para aproveitar as posibilidades das novas tecnoloxías e reaccionar contra os perigos da globalización. Cando menos, esas son algunhas das principais conclusións que se poden atopar no documento para o debate da Reflexión Estratéxica sobre a Cultura Galega que promoveu o Consello da Cultura. Francisco Campos, coordinador do relatorio sobre Cultura e Mercado, explícanos esta parte do debate”. Esta é a segunda dunha serie de reportaxes nas que se abordará as principais áreas dese proceso. Máis información sobre este proceso aberto á participación en Cultura Galega, e neste enlace ao documento completo da Reflexión estratéxica sobre a cultura galega.
Entre o cinto apretado e a incerteza
Antonio Reigosa, entrevistado no Expreso de Medianoite pola súa obra Guía ilustrada da Galicia invisible
(Xerais)
Entrevista de David Cantero en TVE a Manuel Rivas
(Xerais)
Cultura creará unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
Víctor F. Freixanes: “A volta do novelista pródigo”
Entrevista
a Víctor F. Freixanes en El País:
“El País (EP): Que ten que mellorar? As políticas culturais, a demanda social dos produtos culturais ou as estratexias das industrias culturais?
Víctor F. Freixanes (VF): Temos un problema coa política, na que, con algunha excepción, non hai sensibilidade ningunha cara o cultural, e mesmo cando estaban os outros, algúns esperabamos máis. Temos un problema financeiro: a sociedade civil que antes amparaba proxectos, agora está asfixiada ou desapareceu do mapa. Temos un problema coa lingua, que ten que ver coa política: o Goberno é moi reticente á recuperación do idioma galego, e estar paralizado é dar marcha atrás. Temos tamén un cambio xeracional de hábitos de consumo, a gratuidade na Rede… Coinciden todos os factores para ter unha tormenta perfecta. As solucións irían por apelar a unha economía de guerra, ter imaxinación, unha concentración parcelaria dos proxectos, achegarse a novas redes e novos temas, e capitalizar as redes do exterior.
EP: Á idea de que o galego se impoñía parécea suceder a de que a cultura galega está subvencionada.
VF: Do do galego teñen a culpa os que utilizaron a demagoxia para arrapañar 4.000 votos, e agora están arrepentidos. Sobre o da cultura, en Francia, en Alemaña, en calquera país saben que son necesarias políticas culturais esixentes e con visión de futuro, con compromiso das administracións. En Estados Unidos falan de liberalismo e logo impiden que outros entren no seus mercado exteriores, e xa non digamos no interiores. As editoriais vivimos non polas axudas, que non chegan ao 9% da facturación, senón porque temos unha sociedade que reclama os nosos libros, edítanse seis títulos diarios en galego, cunha media de 1.500 exemplares. A visión da cultura como un Monte Medulio é reaccionaria, hai que baixar ao corpo a corpo no medio dos romanos. A cultura galega estivo moito tempo na trincheira, e ao final iso é acabar no gueto das subvencións.”
Máis vídeos das aportacións preliminares ao V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións
Seguimos deixando á disposición de todos e todas os vídeos coas aportacións preliminares dos participantes no V Encontro de Escritores/as novos/as ante vellas preocupacións, a celebrarse o sábado 6 de novembro na Coruña, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Esta é a aportación de Lecidia Costas, que fará parte da mesa redonda MAIS tan importantes son os premios literarios?:
As de Lucía Novas, que fará parte da mesma mesa redonda que Ledicia Costas:
E, por último, as de María Lado, que fará parte da mesa redonda Recóllote i érgote no verbo inteiro. A literatura galega de hoxe ante o seu idioma:
Mañá ofreceremos as restantes aportacións.