Xabier P. Docampo no III Encontro Cidade da Coruña
Este mércores 19 de maio, ás 20.00 no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), terá lugar a quinta e última conferencia do III Encontro Cidade da Coruña “Literatura e viaxe”, neste caso a cargo de Xabier P. DoCampo, con título “Viaxes imaxinarias”. A presentación correrá a cargo da escritora María Canosa e a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas, fará a clausura do ciclo de conferencias.
Marica Campo e Elena Medel no ciclo “Poetas di(n)versos”
Este martes 18, ás 20:30, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga. Coordina e presenta o evento Yolanda Castaño.
Marica Campo naceu en 1948 no Val do Mao (Incio – Lugo) e foi profesora de galego no ensino secundario ata a súa xubilación voluntaria en 2008. Autora de poesía, narrativa, teatro e literatura infanto-xuvenil, é tamén colaboradora habitual nos xornais A Nosa Terra e El Progreso. Como narradora estreouse con Confusión e morte de María Balteira (1996) e, con Memoria para Xoana (2002), acadou o Premio de Narrativa do Concello de Vilalba e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2003. Cara ao público infantil, ten igualmente cultivado tanto a prosa coma o verso, e por esta última faceta foi merecedora do Premio “Fundación Neira Vilas” e mais do da AELG de Literatura Infantil. Como poeta, ademáis de textos soltos en multitude de publicacións periódicas e volumes colectivos, é autora dos poemarios Tras as portas do rostro (1992), Pedinche luz prestada (2001) ou Sextinario: trinta e seis mais tres (2007), que lle valeron galardóns coma o “Fiz Vergara Vilariño” ou o da AELG no apartado de Poesía. É autora de numerosas letras para grupos musicais galegos (Fuxan os ventos, A Quenlla, Uxía, etc), e incansable colaboradora dunha morea de iniciativas educativas e socioculturais a prol da lingua e literatura galegas.
Elena Medel naceu en Córdoba no ano 1985, aínda que vive dende 2006 en Madrid, onde traballa como editora en El Olivo Azul. Deuse a coñecer gañando, aos dezaseis anos, o “Premio Andalucía Joven” co sorprendente Mi primer bikini (2002) -un poemario escrito con quince anos e publicado aos dezasete- que esgotou a súa primeira edición en só tres meses e que hoxe vai xa pola terceira. Pouco despois editou Vacaciones (2004), e posteriormente Tara (2006), o seu último libro de poemas ata o de agora, que acadou xa unha segunda edición e que a confirmou de revelación a aposta segura da literatura española moza. É autora tamén dos cadernos poéticos Un soplo en el corazón (2007) e En los demás (2008), así como de relatos incluídos en antoloxías coma Cuentos eróticos de San Valentín (2007) ou Matar en Barcelona (2009). A súa obra ten sido parcialmente traducida ao alemán, árabe, esloveno, inglés, italiano, polaco e portugués, así como incluída en numerosas antoloxías. O seu interese pola poesía galega levouna a publicar traducidos ao castelán -en publicacións periódicas e antoloxías- poemas de diversos autores contemporáneos. Ten participado en festivais poéticos de Europa, América, Oriente Medio ou o Norte de África. Xunta a tamén escritora Alejandra Vanessa coordina o proxecto de axitación cultural La Bella Varsovia.
(A Coruña Cultura)
Convocatoria da AELG para o Día das Letras

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que forma parte da Plataforma “Queremos Galego”, contará con pancarta propia na manifestación convocada para o vindeiro luns 17 de maio, ás 12 da mañá, e que partirá da Alameda de Santiago de Compostela.
A AELG convida os seus Socios/as, e en xeral a todos os escritores e escritoras en lingua galega, a sumarse a esta manifestación tras a pancarta da Asociación, que estará na entrada da Alameda.
Bases IV Premio de narrativa breve Repsol
«A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a cuarta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol, de acordo coas seguintes bases:
1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha obra escrita en lingua galega, conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega.
2. As obras, que serán orixinais e inéditas, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.
3. Os orixinais, dos que se presentarán seis copias encadernadas, estarán mecanografados a dobre espazo, a razón de 32 liñas de 70 carácteres aproximadamente. En cada un deles figurará o título da obra e o lema desta. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará o citado lema e, no seu interior, o nome, enderezo, números de teléfono fixo/móbil do autor ou da autora e recensión biográfica recente.
4. As obras enviaranse antes do 21 de xullo de 2010, Sigue lendo
Educación suprime a cota mínima de libros en galego nas bibliotecas escolares
(AGE)
Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia
Darío Xohán Cabana: “Uxío Novoneyra foi un xenio da palabra”
(Vieiros)
O decretazo nace morto
Ferrol: convocatoria do Colectivo Sociocultural “A Revolta”
«Como todos os anos, na Praça Rosalia de Castro do Concelho de Ferrol, haverá umha homenagem à nossa Língua na figura da precursora da recuperaçom das nossas letras. Em anos anteriores, e em regime de autoconvocatória, várias organizaçons e colectivos vizinhais, sociais e culturais coincidíamos o 17 de Maio neste pequeno acto. Este ano, com tantos ataques para a nossa Língua, está convocada pola Plataforma Queremos Galego, umha manifestaçom nacional em Santiago de Compostela que apoia o nosso colectivo É polo que, nos animamos a tomar a iniciativa de impulsar o acto da Praça de Rosalia trasladando-a para o sábado 15 às 18hs, mantendo o regime de autoconvocatória.
Todas as associaçons e colectivos podem intervir no acto com comunicados, poesias ou outras intervençons. Podem-se levar umhas flores como outros anos. As pessoas a título individual também podem fazê-lo, e desde A Revolta convidamos a quem assim o deseje a assistir co traje tradicional como um outro jeito de reivindicar a nossa identidade. Nós ponheremos a música.» (Máis información en A Revolta de Trasancos)