O vindeiro Mercores 2 de Decembro as 20 horas na Biblioteca da Poesia “Uxío Novoneyra” de Vilamalania-Vilaboa terá lugar o acto de presentación do libro Poemas de amor e cidade da Editorial Espiral Maior e a Concelleria de Cultura do Concello de Culleredo, e que é producto do obradoiro de poesía organizado desde principios de ano e dirixido por Miguel Anxo Fernán-Vello. O libro recolle os poemas realizados polos participantes no obradoiro.
Ferrol: Xosé Ramón Barreiro presenta o seu novo libro
Hoxe luns 30 de Novembro ás 20.00 na Galería Sargadelos de Ferrol preséntase o libro Historia social da guerra da independencia en Galicia, de Xosé R. Barreiro Fernández. Acompañará ao autor o director de Xerais, Manuel Bragado.
Vídeos en directo de AchegArte
Vídeos en directo da Feira AchegArte en actualización permanente a través de Blogaliza.tv
Santiago: presentación á prensa do libro de Manuel Rivas
O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 17,00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago terá lugar unha roda de prensa na que se presentará o novo libro de Manuel Rivas, Episodios galegos. Tempos de esperpento. Participan no acto Manuel Rivas e Manuel Bragado.
Inaugurada a Feira AchegArte

A Feira AchegArte abriu esta mañá as súas portas na Coruña nos dous espazos do Palexco e o Kiosco Alfonso. O horario de apertura da Feira hoxe sábado pola mañá é de 10:30 a 14:30. A música, a literatura, o audiovisual, as artes plásticas… todas as manifestacións da cultura que facemos están representadas no AchegArte. Proxeccións de curtas e documentais na sala Azimut; teatro e música nos escenarios do segundo andar; actividades de animación e obradoiros por todo o Palexco; danza e galerías de arte no Kiosco Alfonso… A Asociación de Escritores en Lingua Galega dispón dun stand no andar do Palexco, perto da entrada principal, onde desenvolveremos diferentes actividades ao longo do sábado e o domingo. Permanecede atentos a este blog.
A Coruña: recital de María Lado e Lucía Aldao

Muros: presentación da novela Monte Louro
Mañá venres, 27 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Muros (Estrada Miraflores s/nº) terá lugar a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor no acto Laura Eiras (concelleira de Cultura do concello de Muros), Concha Martínez Mayo e Manuel Bragado. Esta presentación coincide coa chegada da segunda edición de Monte Louro ás librarías.
A Coruña: recital poético Do máis fondo do silencio saen voces

Culleredo: poesía, música e danza con Yolanda Castaño e Branca Novoneyra
O vindeiro venres 27 ás 20:30h no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e dentro do contexto do ciclo poético “Palabra de Muller” e o Seminario de Historia de Culleredo dedicado a Uxío Novoneyra poderemos ver o espectáculo de poesía, música e danza Tender a man que conta coa participación da poeta Yolanda Castaño e a bailarina Branca Novoneyra, acompañadas por un grupo de músicos.
Morgadáns: entrega do II Premio de Poesía Victoriano Taibo
