Compostela: “Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela”, do 29 de setembro ao 1 de outubro

Xurxo Alonso: “Este poemario ilustraríao Sendeiros de gloria

Entrevista de Cristina Pérez a Xurxo Alonso en El Progreso:
“(…) – El Progreso (EP): Cun pouco máis de repouso sobre a impresión inicial, que sensación deixa nun o gañar o XLIX Certame Literario de Vilalba?
– Xurxo Alonso (XA): Síntome moi honrado polo premio, por suposto, e cun profundo agradecemento aos membros do xurado pola confianza posta nestas Cartas de Conxo.
– EP: Que recompensa é mellor para o escritor, os 7.000 euros cos que está dotado este premio ou a publicación da obra?
– XA: O pracer dun escritor está en escribir, non en publicar. Cada libro de poesía ten unha tirada media de 500 exemplares. Os dereitos de autor por cada título poden supoñer, no mellor dos casos, 300 euros. Comprenderá vostede que este escritor, despois de nove libros no mercado, se tivese que escoller, prefire a dotación económica por riba da publicación.
– EP: Acumula xa uns cantos galardóns en concursos literarios, que o move para presentarse a este tipo de convocatorias?
– XA: Caballero Bonald dicía que os motivos que o levaban a presentarse a premios ao longo da súa carreira foron tres: por vaidade persoal, por estímulos económicos e por coxuntura editorial, unha apetencia, unha necesidade de publicar. A vaidade persoal para un escritor é coma o valor ao soldado, hai que supoñerllo. Pero hai que mantelo a raia. Moito valor pode matarte. Os outros dous motivos sempre están aí e ás veces un pesa máis ca outro.
– EP: Que función cumpren estes certames?
– XA: Son moi necesarios para aumentar o número de creadores que poidan dedicar máis tempo á escrita, e para que ao fin, o galego teña un corpus literario máis amplo. Aquí cobra razón unha divisa do superrealismo, a frase célebre de Lautréamont: “Golpe a golpe, revelación a revelación, é como a poesía se está a facer por todos”. Todos os poetas importan, non só os bos. Todos importamos. Todos podemos aprender de todos.
– EP: Ao recibir a chamada dun novo premio, mantense aínda a emoción daquel primeiro recoñecemento hai xa máis de 20 anos?
– XA: Antes era unha emoción ilusionante, que abría expectativas, agora é unha emoción máis madura, que axuda a consolidar unha traxectoria.
– EP: O xurado elixiu Cartas de Conxo por unanimidade, que cre que viron na súa obra? E que lle gustaría a vostede que visen eles e os lectores?
– XA: A primeira parte da pregunta habería que facerlla ao xurado. A min gustaríame que encadrasen o poemario na definición de poesía que fai Coleridge: “As mellores palabras na mellor orde” (…)”.

A Coruña: presentación de Faise o escuro, de Carme Varela, e Areanegra na Casa Encantada, de Puri Cabido

O 27 de setembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, acóllese a presentación dos Premios Selic 2022, unha presentación dobre: Faise o escuro, de Carme Varela, e Areanegra na Casa Encantada, de Puri Cabido. As persoas interesadas en asistiren estas presentacións poden anotarse aquí.

Manifesto Queremos Galego no Congreso 2023

MANIFESTO QUEREMOS GALEGO


“Ante a presentación o martes 19 de setembro de 2023 da reforma do Regulamento do Congreso mediante a cal se permitirá que se empreguen todas as linguas que teñen a condición de oficiais no Estado español, as persoas abaixo asinantes queremos manifestar o seguinte:
– Apoiamos que se produza a aprobación desta iniciativa que permitirá achegar a nosa lingua a un ámbito institucional onde até o de agora non estaba permitido o seu emprego. Non sen tempo se produce a corrección desta anormalidade democrática e non podemos máis que valorala moi positivamente.
– Agardamos que as nosas e os nosos representantes na Cámara Baixa sexan consecuentes co compromiso co seu país e que empreguen a lingua galega a partir de agora en todas as intervencións que realicen, contribuíndo desta maneira non só ao seu coñecemento e divulgación, senón tamén ao seu prestixio e normalización.
– A oposición que amosa o Partido Popular a esta medida non por agardada é menos dolorosa. Máis aínda cando pensamos que é o Partido Popular quen mantén o goberno galego que ten entre as súas obrigas, segundo se desprende do noso Estatuto de Autonomía, a de potenciar a súa presenza e uso en todos os ámbitos. Emprazamos, por tanto, ao Partido Popular, a que tamén se sume ao resto de forzas políticas para apoiar esta modificación do Regulamento do Congreso.

Henrique Alvarellos. Presidente da Asociación Galega de Editoras.
Carlos Amoedo. Presidente de Praza Pública.
Xosé Luis Armesto Barbeito. Reitor UDC (2012-2016).
José María Barja. Reitor UDC (2004-2011).
Mercé Barrientos. Presidenta da Federación Galega de Taekwondo (2003-2014) e Directiva e fundadora de MUDEGA.
Marta Bobo Arce. Ximnasta Olímpica, Xogos de 1984 (Os Ánxeles, EEUU).
Quico Cadaval. Teatreiro.
Marica Campo. Escritora.
Paula Carballeira. Actriz e escritora.
Paulo Carril. Secretario Xeral da CIG.
Xosé Manuel Carril. Presidente de Galiza Cultura, a Federación de Asociacións Culturais Galegas.
Gustavo César Veloso. Exciclista profesional e director deportivo.
Xoan Costa. Presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.
Ledicia Costas. Escritora.
Alba Cuba. Adestradora e subcampeona Estatal junior de declatón.
Xabier Díaz. Músico.
Paula Domínguez “Pauleta”. Futbolista galega, actual capitana do Benfica.
Dalila Dopazo Blanco. Maxistrada do xulgado do social n° 3 de Lugo e membro do IXUGA.
Cristina Fernández Piñeiro. Primeira muller arbitra de Balonmán en Europa.
Elena Ferro. Zoqueira.
Ana Isabel Filgueiras Rei. Arqueóloga.
Víctor Freixanes. Presidente da RAG.
Pilar García Negro. Docente e escritora.
Leandro Lamas. Pintor.
Margarita Ledo Andión. Directora de cinema.
Olaia Maneiro. Tanxugueiras.
Sabela Maneiro. Tanxugueiras.
Almudena Marcos Maroño. Responsábel Museo do Humor de Fene.
Xaquín Marín. Humorista gráfico.
Salustiano Mato de la Iglesia. Reitor UVIGO (2010-2018).
Isabel Naveira. Actriz.
Carlos Negro. Docente e escritor.
María Obelleiro. Directora de Nós diario.
Xabier Queipo. Escritor.
María Reimóndez. Escritora.
Isabel Risco. Actriz.
Manuel Rivas. Escritor, xornalista, guionista.
Ana Romaní. Xornalista e escritora.
Marga Romero (Marga do Val). Escritora.
Xurxo Salgado. Director de Galicia Confidencial.
Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da AELG.
Iria Sobrado. Actriz.
Fernanda Tabarés. Xornalista.
Aida Tarrío. Tanxugueiras.
Suso de Toro. Escritor.
Xosé A. Touriñán. Actor e presentador.
Uxía. Cantora e compositora.
Vitor Vaqueiro. Escritor.
Patricia Varela. Presidenta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Juan Viaño Rey. Reitor USC (2014-2018).
David Lombao. Director de Praza Pública.
Anxo Louzao. Coordinador de Vía Galega.
Marcos Maceira. Presidente da Mesa.”

As persoas interesadas poden asinar o Manifesto aquí.