Pontevedra: presentación de Doce voz de megafonía, de Xesús Constela
As Pontes: presentación de Rotas, de Montse Fajardo
Adiada a presentación na Coruña de Carnívoras e domésticas, de Jorge Rodríguez Durán
Bases do IV Certame Letras Gazafellas 2025
Vilalba: presentación de Vida e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón
Compostela: Xornada “Fronte á dor das outras. Os nesgos de xénero na enfermidade”, o 30 de abril
Vigo: conferencia “Castelao, Galaxia e a censura franquista”, por Xosé Manuel Dasilva
Lugo: presentación de Estudo sobre o voo dos corzos, de Mónica Caldeiro
A Mesa e a AELG levan a emerxencia do galego ao Consello de Dereitos Humanos da ONU
O 29 de abril comezará en Xenebra (Suíza) o exame periódico universal ao Estado español, un mecanismo do Consello de Dereitos Humanos da ONU para analizar o grao de cumprimento dun Estado dos dereitos humanos, no que se contemplan os informes emitidos por ONG especializadas na materia. A Mesa pola Normalización Lingüística foi unha das entidades que rexistou un informe sobre as vulneracións dos dereitos linguísticos que se están a producir dentro do Estado Español, na Galiza, nomeadamente en ámbitos como o ensino, os servizos públicos e a xustiza.
Este informe, xunto a un manifesto da autoría do profesor da Universidade de Santiago Carlos Quiroga apoiado por relevantes personalidades da cultura da lusofonía, será presentado na Sala XXII do Palais des Nations o vindeiro martes 29 de abril ás 13h polo presidente da Mesa, Marcos Maceira, a vicepresidenta Elsa Quintas, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez. No acto de presentación, organizado pola Rede Europea para a Igualdade das Linguas, intervirán tamén representantes doutras entidades de defensa das linguas do Estado como Euskalgintzaren Kontseilua, Òmnium Cultural e Plataforma per la Llengua.