“A web italiana www.insulaeuropea.eu/ acolle un artigo de Silvia Corelli sobre O club da calceta de María Reimóndez, traducida ao italiano por Attilio Castellucci en 2007 (Il club della calzetta. Milán: Gran via). Para alén da lectura orixinal que realiza da novela, a autora reflexiona sobre o impacto do feminismo en Galicia e a influencia que tivo esta descuberta nas investigacións que estaba a realizar cando chegou a Santiago de Compostela sobre a presenza da muller na literatura. Mais a pegada do feminismo galego tamén se deixou notar na súa vida persoal e na posición que ocupaba na sociedade como muller.
Pódese consultar o texto italiano na seguinte ligazón.
A web Insulaeuropea.eu, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega.”
Friol: presentación de Mare Vostrum, de Miguelanxo Lar
Esgueva, O Carballiño: entrega dos premios da 8ª edición do concurso de micro-relato OZOCOgz
Moraime (Muxía): presentación de Moraime. Centro histórico da Costa da Morte, de Xan Fernández Carrera
Fisterra: presentación e recital poético de A cidade oculta, de Estevo Creus
Cantiga de Leviatán: Xurxo Souto visita as illas Lobeiras, por Xosé Iglesias
Cuntis: presentación de A matanza clandestina, de Fernando González Graña
A Coruña: Día da Galiza mártir 2020 (adiado)
Obradoiros FETEGA 2020
Inscrición aberta desde o 7 de agosto ata as 15:00 h da data máxima indicada en cada obradoiro (ver seguinte apartado).
Máximo de asistentes, entre 12 e 18 prazas, dependendo do obradoiro.
Inscrición 50 € (agás o último de Impro Actoral, de balde para quen realizase os dous anteriores).
Toda a información aquí.