 Desde a Deputación da Coruña:
Desde a Deputación da Coruña:
A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con Bragakadabra, a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Ángel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
De Bragakadabra o comité avaliador valorou, por unanimidade, “o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade”. O xurado puxo tamén en valor “a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento”. (…)
Arquivos da etiqueta: Abel Tomé
O Carballiño: presentación dos Premios Xerais 2024
Serra de Outes: presentación de A noite do Oso, de Abel Tomé
Pontevedra: Culturgal 2024, actividades do 30 de novembro
Bueu: presentación dos Premios Xerais 2024
Retransmisión do acto de entrega dos Premios Xerais 2024
A Estrada: acto de entrega do XXXVI Premio Manuel García Barros a Abel Tomé
Marta Villar, Raquel Fernández Fernández e Abel Tomé, Premios Xerais 2024
Compostela: sesión de micro aberto polo Día das Letras Galegas 2024
Abel Tomé gaña o Premio García Barros 2024 con A noite do Oso
D esde Galaxia:
esde Galaxia:
“Abel Tomé gaña o Premio García Barros 2024 con A noite do Oso.
O xurado destacou nesta novela a súa capacidade para fusionar realidade e lenda nunha narración que avanza no territorio avolto dos segredos familiares ao longo da historia de todo un século.
Escrita con innegable oficio, esta novela ganduxa as fías do relato persoal e o comunal, establecendo un diálogo feraz coa figura de Sylvia Plath, que presta a esta narración simbolismo e poder evocativo.”
 
							





















