Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: presentación de Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus, de Isabel Rodríguez Mate
A Coruña: recital da poeta palestina Rafeef Ziadah con Phil Monsour, “Nós ensinamos vida”
A Coruña: Lectura pública da obra de Luísa Villalta. Cidade tatuada na pétrea pel do mar
A Coruña: presentación de Mar de Lira, de Francisco X. Fernández Naval
“O 11 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Francisco X. Fernández Naval presenta a súa obra Mar de Lira, publicada pola editorial Caldeirón. Acompaña ao autor o poeta Xosé Iglesias. As persoas interesadas poden anotarse aquí.”
A Coruña: conferencia “Comercio escravista hispano-cubano”, por Carlos Sixirei
O mércores 10 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, Carlos Sixirei Paredes falará sobre o contexto histórico do comercio escravista hispano-cubano. As persoas interesadas poden anotarse previamente aquí.
A Coruña: diálogo poético Galiza-Palestina
As dúas actividades realizaranse diante da igrexa de Santo André, aínda que en caso de choiva trasladarase ao local de Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André nº 36, 1º). Toda a información aquí.
A Coruña: presentación de Entre liñas e Retallos do mundo, con Óscar Losada Castro
O 18 de marzo, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntanse os libros Entre liñas, libro de relatos coordinado por Óscar Losada Castro, e Retallos do mundo, escrito polo propio autor, que estará acompañado no acto por Beatriz Maceda e Antonio M. Fraga. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse aquí.
A Coruña: Polavila Xabier P. DoCampo. Na memoria, o 5 de abril
A Polavila Docampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, o 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
A deste ano é a primeira e celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos, 1). Nela participarán poetas, músicos, narradoras/es orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades.
Programa da xornada do 5 de abril 2024:
– 18:00-18:15 horas: apertura da Polavila, da exposición bibliográfica sobre Xabier DoCampo e das adhesións recibidas de bibliotecas escolares, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 18:15-19:00 horas: Vouche contar un conto, sesión de contos para público familiar na sección infantil da Biblioteca do Fórum Metropolitano. Require inscrición previa.
– 19:00 – 19:45 horas: Catro cartas, lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier DoCampo, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila Docampo 2024, no auditorio do Fórum Metropolitano. Entrada libre até completar capacidade. Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco. Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín. Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero. Haberá lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades: Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira. A música correrá a cargo da cantora Uxía.
Ademais, o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, ás 11 da mañá haberá un encontro cos clubs de lectura das bibliotecas municipais na Biblioteca do Fórum Metropolitano coa participación de María Xesús Fernández (crítica e tradutora de LIX), Xosé Cobas (ilustrador) e Martin Pawley (crítico de cinema). E durante todo o mes de abril a sala de cinema Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano rende homenaxe ao escritor Xabier P. DoCampo a través da súa programación.
Organizan a Iniciativa Polavila Docampo, a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (Concello da Coruña) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.