Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”

Desde a Deputación da Coruña:
A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con Bragakadabra, a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Ángel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
De Bragakadabra o comité avaliador valorou, por unanimidade, “o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade”. O xurado puxo tamén en valor “a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento”. (…)

Compostela: actividades do 11 de outubro na SELIC 2025

Pontedeume: actividades do 22 e 23 de agosto na Vila do Libro 2025

Viveiro: actividades do 14 de agosto na Feira do Libro 2025

A Coruña: actividades do 3 de agosto na Feira do Libro 2025

A Coruña: actividades do 2 de agosto na Feira do Libro 2025

Finalmente, non vai ter lugar a sinatura prevista para as 18:00 horas con Ramón Vilar Landeira.

Carballo: Praza dos Libros 2025

Vigo: actividades do 6 de xullo da Feira do Libro 2025