Arquivos da etiqueta: Área de Cultura Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Lugo: presentación de Furia, de María Reimóndez
Lugo: presentación do número 25 da revista Xistral
Crónica videográfica da Letra das Festas. San Froilán 2023 (Revista oral do San Froilán)
A Letra das Festas. San Froilán 2023 (Revista oral do San Froilán), actividade da AELG que contou co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, chegou á súa edición número 13, baixo o título Arquitecturas efémeras do San Froilán. Lembranza da paisaxe efémera do feiral: carruseis, teatriños, atraccións, gabinetes, consultorios e túneles do inferno.
Tivo lugar o 9 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n).
Aquí pode verse a crónica videográfica:
Lugo: Día de Rosalía de Castro 2024
O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n.), decorrerá a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG elaborado neste 2024 por Carlos Callón e a lectura pública de poemas de Rosalía.