O 21 de abril déronse a coñecer en Murcia os títulos que se fixeron co Premio da Crítica 2017 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). Os textos gañadores para a literatura galega foron Camuflaxe de Lupe Gómez (Chan da Pólvora) e Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira (Galaxia), propostos pola Asociación Galega da Crítica. A resolución das diferentes fases de votacións tivo lugar no seo dunha reunión da AGC o día 6 de abril na Facultade de Filoloxía da USC.”
Arquivos da etiqueta: Asociación Galega da Crítica
Comunicado da Asociación Galega da Crítica sobre a situación actual do MARCO
Pontevedra: Eco-críticAs: Palabras e imaxes
Compostela: encontro da crítica galega con Eva Veiga e Isaac Xubín
Eva Veiga e Isaac Xubín fanse cos Premios da Crítica 2016
Desde
Cultura Galega:
“O pasado 22 de abril Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) daba a coñecer os seus tradicionais premios, que recoñecen obras nas catro linguas oficiais do Estado. Nesta ocasión, na categoría de obras en galego os gañadores foron Eva Veiga en Poesía, polo seu poemario Soño e Vértice, e Isaac Xubín en narrativa por Non hai outro camiño. Os galardoados foron propostos pola Asociación Galega da Crítica, logo de votación dos seus membros, a estes prestixiosos galardóns que non teñen dotación económica.”
Últimos días para presentar orixinais ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
“O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, que xa contaba cun acordo de colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega a un acordo equivalente coa Asociación Galega da Crítica (AGC) para incluír de maneira estable un membro no xurado.
O Certame de Arteixo, que pechará a recollida de orixinais da 26ª edición a finais de febreiro, contará cun novo acordo de colaboración para seguir traballando na liña da pluralidade e o rigor que o caracteriza desde o seu nacemento. Segundo argumenta o seu coordinador literario, o escritor Alfredo Ferreiro: “O Certame Manuel Murguía hai moito que está consolidado grazas a que se alicerza en premisas estrictamente literarias como a competencia dos xurados e a tolerancia gráfica, así como na esixente profesionalidade do equipo técnico que o sostén. Pola miña parte, só caben modestas contribucións como esta pretensión de vencellalo máis a un sistema literario que loita por consolidarse e atopar os apoios que necesita. Felizmente, o Concello de Arteixo continúa apostando por manter o apoio á cultura e mesmo demostra interese por novos proxectos”.
O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía conta con tres premios (4000 €, 500 € e 300 €) para orixinais de entre 15 e 30 páxinas enviados até o 28 de febreiro conforme as Bases. Entre os seus gañadores constan xa moitas das grandes figuras da literatura actual.»
Pontevedra: actividades literarias destacadas do sábado 3 no Culturgal
Do 2 ao 4 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horarios de 11:00 a 21:00 horas o venres 2 e sábado 3, e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 4, terá lugar o Culturgal 2016. O prezo das entradas é o seguinte:
– Xeral: 2 euros (1 día) | 3 euros (3 días).
– Menores de 12 anos: 1 euro (1 día) | 2 euros (3 días).
– Menores de 3 anos: gratis.
As actividades literarias destacadas do programa para o sábado 3 son:
– 11:30 h. Entrega do primeiro premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados. Fundación Celso Emilio Ferreiro. Espazo foro.
– 11:30 h. Bestiario do Vestiario. Dinastía Meiji. Presentación do libro de Martiño Suárez. Co autor e o editor Carlos Meixide. Espazo libro.
– 11:45 h. Premio Meiga Moira 2016. Baía Edicións. Entrega do 7º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira a Héctor Cajaraville, por Denébola a Roxa. Espazo libro.
– 12:15 h. No seu despregar. Apiario. Presentación da antoloxía, cos poetas Ismael Ramos, Rosalía Fernández Rial, Tamara Andrés e Jesús Castro. Espazo libro.
– 12:45 h. Presentación do 18º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Concello de Pontevedra, e do libro Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano. Espazo libro.
– 13:15 h. Mulleres bravas. Urco Editora. Presentación da colección coas autoras María Lado e Eli Ríos, Eva Agra, ilustradora e Andrea Jamardo, coordinadora. Espazo libro.
– 16:30 h. Cans de Carlos Meixide. Presentación da novela. Coa participación do autor e o apoio do Festival de Cans. Espazo foro.
– 16:30 h. Catro Ventos Editora. Presentación da editorial con Isidro Dozo Valladares, Miguel Braña Montaña, Alicia Rodríguez Malga e María Mediero Mayán. Espazo libro.
– 17:00 h. Para além dos tópicos. Presentación dos libros de Através Editora. O poeta Tiago Alves Costa dialoga con Teresa Moure, autora de Bolxeviques 1917-2017, Carlos Taibo, autor de O penálti de Djúkić, Carlos Pazos Justo, autor de A imagem da Galiza em Portugal e Carlos Quiroga, sobre A imagem de Portugal na Galiza. Espazo libro
– 17:30 h. Concerto Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato, publicado en Xerais, coa participación de Héctor Lorenzo, guitarra, Carlos Freire, percusión; Xaquín López Fariña, violín e Natalia Pajarito, voz (Espazo Carpa).
– 18:00 h. «A crítica aos ollos da escrita». Con María Lado e Mario Regueira. Asociación Galega da Crítica. Espazo libro.
– 18:00 h. Sinatura de Jacobo Fernández Serrano, Marcopola (Stand de Xerais).
– 18:15 h. Conversa con María do Cebreiro, autora de O Deserto, e Marilar Aleixandre, autora de Desescribindo. Apiario. Espazo foro.
– 18:30 h. Cinepoemas. Ouvirmos. Con Claudio Rodríguez Fer, autor, e Cristina Fiaño, Editora gráfica. Espazo libro.
– 18:45 h. O Desconhecido. Berlai. CUNDE.gal. Presentación da Banda Deseñada-CD con Xiao Berlai e co ilustrador Ernesto G. Torterolo, publicado por Axóuxere. Espazo foro.
– 19:00 h. Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo. Hércules de Edicións. Con Afonso Eiré, autor e coordinador. Espazo libro.
– 19:00 h. Sinatura de Diego Giráldez, autor de Galería de saldos (Stand Xerais).
– 19:15 h. A meniña de libros, de Oliver Jeffers e Sam Winston. Patasdepeixe. Espazo infantil.
– 19:30 h. Conversa do xornalista César Lorenzo con Alberto Canal, autor de O amor nos escuros días de Birkenau; Manuel Gago, autor de O anxo negro; e Ramón Nicolás, autor de O espello do mundo, obras publicadas en Xerais, arredor da novela histórica (Espazo Libro).
– 20:15 h. Conversa con Blanca Riestra, autora de Rapsodia en negro (Premio de Novela Breve La Voz de Galicia), Miguel Sande, autor de A candidata (Premio García Barros de Novela) e Daniel Asorey, autor de Nordeste (Premio Repsol de Narrativa Breve). Galaxia. Co xornalista César Lorenzo Gil. Espazo libro.
– 20:30 h. Linha editorial Dr. Alveiros. Fundación Vicente Risco-Cultura que une. Espazo foro.
Compostela: entrega dos Premios da Crítica 2015 a María do Cebreiro e Manuel Rivas
O martes
3 de maio, ás 20:00 horas, en Afundación (Rúa do Vilar, 19), en Santiago de Compostela, o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Galega da Crítica, entregará os Premios da Crítica 2015, que concede todos os anos o 23 de abril a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). Os galardóns en lingua galega deste ano, propostos pola Asociación Galega da Crítica, recaeron na obra O Deserto (Apiario) de María do Cebreiro, na modalidade de poesía, e na novela O último día de Terranova (Xerais) de Manuel Rivas, na modalidade de narrativa. No acto intervirán tamén Inmaculada Otero Varela e Dolores Vilavedra.
Pontevedra: actividades literarias destacadas do venres 4 no Culturgal
Do 4 ao 6 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horarios de 11:00 a 21:00 horas o venres 4 e sábado 5, e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 6, terá lugar o Culturgal 2015. O prezo das entradas é o seguinte:
– Xeral: 2 euros (1 día) | 3 euros (3 días).
– Menores de 12 anos: 1 euro (1 día) | 2 euros (3 días).
– Menores de 3 anos: gratis.
As actividades literarias destacadas do programa para o venres 4 son:
– 11:30 h. Encontro con Pere Tobaruela e Andrés Meixide, autores de Formig4s, publicados en Xerais. Espazo Foro. Actividade concertada con centros escolares.
– 12:45 h. Encontro con Ledicia Costas, autora de Escarlatina, a cociñeira defunta, publicada en Xerais. Espazo Infantil. Co ilustrador Víctor Rivas. Actividade concertada con centros escolares.
– 12:45 h. Sopa de estrelas. Urco Editora. Espazo Foro. Actividade concertada con centros escolares.
– 16:00 h. Asociación Galega da Crítica. Programa profesional. Aulas.
– 17:45 h. Presentación de Historia de Galicia, de David Pérez. Edicións do Cumio. Espazo Libro.
– 18:15 h. Presentación de Ostrácia, de Teresa Moure e Seique, de Susana Arins, publicados por Através Editora. Espazo Libro.
– 18:30 h. Presentación de Teño uns pés perfectos, de María Solar, publicado por Kalandraka Editora. A autora será entrevistada pola actriz e narradora Beatriz Campos. Espazo Foro.
– 19:00 h. Conversa ao redor do libro colectivo Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza, publicado por Galaxia. Modera Víctor F. Freixanes, coa participación de Xavier Vence, Justo Beramendi, José Antonio Portero Molina e Joám Evans. Espazo Libro.
– 19:00 h. Sinaturas de Santiago Cortegoso, Elena Gallego Abad, Fran P. Lorenzo e Ledicia Costas. No stand de Xerais.
– 19:30 h. Presentación de Raclette, de Santiago Cortegoso, publicado en Xerais. Lectura dramatizada feita polo elenco da obra teatral. Espazo Libro.
– 20:00 h. Conversa con Fran P. Lorenzo, autor de Cabalos e lobos, e Ledicia Costas, autora de Un animal chamado néboa, publicados por Xerais. Conduce o xornalista Ramón Rozas. Espazo Libro.
– 20:30 h. Conversa con Antón Riveiro Coello, autor de Os elefantes de Sokúrov, publicado por Galaxia. Conduce o xornalista Ramón Rozas. Espazo Libro.