O Xurado,
formado polas escritoras Marica Campo e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o venres día 19 de setembro de 2014, resolveu conceder por unanimidade o 6.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema Sherezade.
Abertas as plicas, a mesma resultou corresponder a presentada pola escritora coruñesa Andrea Maceiras Lafuente, que leva como título Miña querida Sherezade e proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos.
O Xurado manifestou, entre outros aspectos, o seguinte:
«É opinión unánime deste xurado que, na referida obra, sobresaen características tan notorias como a dunha excelente estrutura especular e unha non menor fluidez narrativa. As historias d’As mil e unha noites son a base dun texto que xera repetidas e novidosas narracións por volta da ficción e doutras realidades literarias. En resumo, a obra acaba por ser unha exacta e plural homenaxe ao libro e a lectura».
A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.
Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade das obras presentadas, das que dez alcanzaron a selección final, o que evidencia máis unha vez o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.”
Arquivos da etiqueta: Belén López Vázquez
A Coruña: actos literarios destacados do venres 8 na Feira do Libro
O
venres 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados nese día:
– 19:00 h. Xosé Neira Vilas fará a presentación dos seus libros Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade, publicado por Bolanda e Días de Cuba, publicado por Galaxia. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares dos libros e do resto da súa obra.
– 20:00 h. Lemos, cantamos, gozamos. II Semana da música infantil da Coruña. Xiqui Xoque Fiú Fiú!, de María Fumaça.
– 20:00 h. O escritor Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro As crebas, outro xeito de andar ao mar, publicado por Baía Edicións, con fotografías de Maribel Longueira. No acto participan, xunto aos autores, Manuel Rodríguez e Belén López Vázquez.
– 21:00 h. Presentación do libro Salseiros, do actor e escritor Suso Lista, publicado por Edicións Embora.
Santiago: actividades destacadas do luns 28 de abril na Feira do Libro
O
luns 28 de abril continúa a Feira do Libro de Santiago (no Parque da Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:00 h. Presentación do libro Contra a morte das linguas. O caso do galego, de Miguel Moreira Barbeito, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto a escritora Teresa Moure e Manuel Bragado.
– 19:30 h. Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro A memoria da choiva, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación do libro Historia das mulleres galegas, de Pepe Carreiro, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participará no acto Belén López Vázquez.
– 20:00 h. A escritora Berta Dávila, asinará exemplares do seu libro Raíz de fenda, publicado por Xerais.
Compostela: presentación de As crebas. Outro xeito de andar ao mar, de Francisco X. Fernández Naval e Maribel Longueira
O
xoves 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase As crebas. Outro xeito de andar ao mar, de Francisco X. Fernández Naval (texto) e Maribel Longueira (fotografías), publicado en Baía Edicións. No acto, xunto aos autores, participan Belén López Vázquez, Soledad Pite e Manuel Rodríguez.
Compostela: presentación dos catro textos galardoados nos premios de literatura dramática do AGADIC
O martes 3 de decembro, ás 19:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse os catro últimos textos galardoados cos premios de literatura dramática do AGADIC:
– Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– Un mosquito de nome Henri, de Raúl Dans, X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil) 2012, editado por Baía Edicións, e
– O refugallo, de Paula Carballeira, VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
No acto participan Jacobo Sutil, Manuel Bragado, Belén López, Gustavo Pernas Cora e Marcos Abalde Covelo.
Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás promoven a escola de ilustración O neno amarelo
Desde Sermos Galiza:
“O neno amarelo nace como escola de ilustración co aval de dous dos nomes máis destacados da edición infantil, Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás, os dous tamén profesores de profesión. Como equipo teñen asinado numerosos proxectos colectivos, desde o ámbito do álbum ilustrado ate obradoiros en centros educativos ou volumes de banda deseñada. Agora xúntanse, coa apoio de Baia Edicións e o Colexio San Narciso de Marín, para promover un espazo de formación no que a ilustración e a técnica daranse a man coa palabra, a teoría e a literatura co álbum ilustrado como referente.
As sesións do programa terán lugar os venres á tarde en San Martiño Pinario, no centro histórico de Compostela, ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro e por elas pasarán, de maneira alterna a teoría e a análise de Miguel Vázquez Freire e a aplicación práctica de Xosé Tomás.
Outra parella ben coñecida da edición infantil, o escritor Xabier P. DoCampo e o ilustrador Xosé Cobas, participarán no programa a través dunha Máster Class conxunta. A directora de Baía Edicións, Belén López mais a da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, Mercedes Cerdeiras serán as protagonistas doutras das clases da escola.
Cada participante realizará un proxecto titorizado polos profesores ao final do curso e Baía Edicións escollerá quen será o ilustrador ou ilustradora escollida para a publicación dun álbum de maneira profesional. Para máis información e matrícula está operativa unha páxina web.“
Cee: actividades destacadas do martes 13 na Feira do Libro
Dentro dos actos da Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas), destacamos as seguintes actividades para o martes 13:
– 19:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Viaxe ao interior da fenda, de Serxio Iglesias, editado por Sotelo Blanco. O autor estará acompañado por Marcos Giralt Torrente.
– 20:15 h., no mesmo lugar, presentación da obra Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire editado por Baía Edicións, coa presenza, xunto ao autor, de Xosé Tomás e Belén López Vázquez.
– 22:30 h. Noite de terraza literaria na rúa da Pena (zona bares Marigel e Recunquiño): recital a cargo de varios poetas e presentación da obra Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editado por Toxosoutos, coa presenza de Xilberto Caamaño e Miro Villar, coordinador da obra.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o mércores 7
O
mércores 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Mércores 7
– 18:00 h. Presentación do libro O carballo, de Calros Silvar, publicado por Baía Edicións. O ilustrador explícanos como debuxar una árbore. Tamén participa no acto a editora Belén López Vázquez.
– 19:00 h. Presentación do libro Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda Abeleira, publicado por Galebook. Participan no acto a autora do libro e un representante da editorial.
– 19:00 h. Sinatura de libros de Manuel Portas na caseta de Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Presentación do libro Faneca Brava, do escritor Manuel Portas, publicado por Xerais. Participan no acto Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor.
– 20:00 h. Antonio Seijas asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Nós.
– 21:00 h. Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o martes 6
O
martes 6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Martes 6
– 11:30 h. O fotógrafo coruñés Vari Caramés asinará libros na caseta da Libraría Cascanueces.
– 18:00 h. Presentación do libro infantil Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baía. Participará no acto, xunto cos autores, Belén López Vázquez, editora.
– 19:00 h. Presentación do libro A neve e o lume da escritora Chelo Suárez publicado por Baía. Xunto coa autora, participan no acto Marica Campo e Belen López Vázquez.
– 20:00 h. Presentación do libro Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Galaxia. Participan no acto, xunto ao autor, Alba Sotelo, Ángel de la Cruz e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Xulio López Valcárcel asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
Vigo: actos destacados do luns 1 na Feira do Libro
O
luns 1 de xullo prosegue a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
Luns 1
– 18:15 h. Presentación do libro infantil O carballo, de Calros Silvar, publicado por Baía Edicións. O autor, que nos explicará como debuxar unha árbore, estará acompañado por Miguel Ángel Fernández Martínez, do grupo naturista Vacaloura e autor da Guía de libélulas de Galicia, e Belén López Vázquez.
– 19:00 h. As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde. Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.
– 20:00 h. O escritor Xabier Correa Corredoira, presenta o seu libro Resina de poliéster, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participará no acto o escritor Francisco X. Fernández Naval e a directora da editorial, Belén López Vázquez.