Arquivos da etiqueta: Cántigas da Terra
A Coruña: lanzamento de Aldea viva, de Vicente Reboleiro
A Coruña: presentación de Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas, de Carlos Caetano Biscaínho
A Coruña: lanzamento de Cantar na Coruña, de Xosé Manuel Sánchez Rei
A Coruña: presentación de Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña, de Moncho do Orzán
Mondoñedo: acto de entrega do Premio Mondoñedo10 de Poesía a Hordas de escritura, de Chus Pato
A Coruña: Xornada sobre Leandro Carré Alvarellos
A Coruña: acto literario e musical no Centenario da fundación das Irmandades da Fala
A Coruña: Mostra de teatro amador
Premios Pedrón para Carmen Mejía e o coro Cántigas da Terra
Desde Sermos Galiza:
“O padroado da Fundación do Pedrón de Ouro concedeulle o Pedrón de Ouro 2016 ao Coro Galego Cántigas da Terra da Coruña e o Pedrón de Honra á filóloga Carmen Mejía Ruiz, presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. (…)
Doutora e profesora titular de Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid, Carmen Mejía exerce a docencia sobre literatura galega, historia da lingua galega, literaturas románcicas e da materia “Literatura e Identidade na península Ibérica”. As súas liñas de investigación son, entre outras, a poesía peninsular comparada, as linguas en contacto e o conflito de identidades culturais minoritarias. É a directora de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, publicada en Madrid. No Congreso celebrado en Bos Aires en 2015 foi nomeada presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. (…)
O acto de entrega dos Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra terá lugar o próximo 22 de maio nun acto literario no que actuarán de mantedores o musicólogo Baldomero Iglesias, “Mero”, e a profesora da Universidade de Vigo, Ana Acuña, que se celebrará na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, ás 12:30 horas.”








