Arquivos da etiqueta: Carlos Nuevo Cal
Lugo: presentación de Máxica Lúa, de Xoán Neira, o venres 27 de outubro
Lugo: presentación de Máxica Lúa, de Xoán Neira, o 27 de outubro
Viveiro: actividades do 15 de agosto na Feira do Libro 2023
Lugo: presentación de Calendario poético, de Xoán Neira
Viveiro: presentación de Calendario poético, de Xoán Neira
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2021 para os 14 e 15 de agosto
O 15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:30 h., e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 14
– 19:00 h. Luz Darriba asina exemplares de Abril, publicada por Belagua.
– 20:00 h. Primitivo Marcos presenta e asina exemplares de Viveiro 1810. Augas mortais, publicado pola Deputación de Lugo. No acto, o autor estará acompañado por Carlos Nuevo Cal.
– 21:00 h. Paco Rivas asina Talasonimia da Mariña Lucense. Os nomes do Mar, publicado por Embora.
Domingo 15
– 21:00 h. Presentación de Nas pulsacións, de Manuel López Rodríguez, publicado por Espiral Maior; Obra inacabada de Dosinda Christensen, de Xerardo Quintiá, publicado por Alvarellos; e Peixes que esvaraban ao unísono, de Medos Romero, publicado por Caldeirón. Coa presenza, xunto á autora e autores, de Eduardo Estévez e Carlos Lorenzo.
Ribadeo: Letras no campo. VII Feira Ribadense do Libro
San Cibrao (Cervo): faladoiro Os cronistas (da Mariña) contan do mar
O
faladoiro: Os cronistas (da Mariña) contan do mar é unha actividade que forma parte do programa conmemorativo dos 50 anos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo), na actualidade integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo. Terá lugar o venres, 13 de decembro, no proio Museo do Mar, ás 19:00 h e contará coa participación de Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo e Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo. Entrada libre.
Este faladoiro, enmarcado na efeméride de celebración do medio século de vida do Museo Provincial do Mar, tratará sobre distintos aspectos relacionados co mar, fonte vital e espiritual das xentes da Mariña deste tempo inmemorial. Nas intervencións introdutorias cada un dos cronistas falará de actividades, mitos e curiosidades relacionadas co mar e a seguir terá lugar un faladoiro coa participación do público asistente ao acto.








