Desde Galaxia:
“Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 h. na biblioteca do IES Ribeira do Louro decide declarar gañadora desta VIII edición a obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias, que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Iván Caloto.
O xurado destaca da peza a capacidade para afondar no miolo dos conflitos sociais e persoais; e na orixe dos prexuízos. Explora a necesidade de pertenza ao grupo que todos temos con personaxes verosímiles e recoñecibles. Obra coral que nos ofrece moitas voces, con diálogos áxiles, que axudan a configurar o drama presentado. (…)”
Arquivos da etiqueta: Celia Díaz Núñez
Boiro: XIV Romaría das Letras no Barbanza
Compostela: presentación do libro gañador e o accésit do Premio Simbad 2024
Ourense: encontro literario con Celia Díaz Núñez arredor de Todos calan
Celia Díaz Núñez: “A miña novela naceu ao imaxinar un esqueleto emparedado nunha casa”
Compostela: Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia XIV. Os movementos migratorios na LIX
Ourense: presentación de Todos calan, de Celia Díaz Núñez
Quiroga: presentación de Sobremesas sobre versos, de Raquel Castro
Ourense: actividades do 5 de xuño da Feira do Libro 2024
A xanela de Gálix. Celia Díaz Núñez
Entrevista a Celia Díaz Núñez en Gálix:
“(…) – Gálix (G): Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego.
– Celia Díaz Núñez (CDN): A maior fortaleza é a ampla variedade de voces e de temáticas en todos os xéneros e tamén o recoñecemento da súa calidade mediante premios literarios, presenza en listas internacionais, etc.
A debilidade maior é a escasa visibilidade e a falta de promoción que permita consolidar un lectorado independente das propostas escolares. A normalización da lingua vai parella á da literatura en galego e as dúas apóianse mutuamente, nestes eidos queda moito camiño por percorrer.
– G: Dende que ti te vinculaches ao LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución
– CDN: A aparición de novos formatos e soportes de lectura, a maior presenza do teatro nos catálogos das editoriais, o aumento das traducións, a proxección e recoñecemento exterior dos e das autoras e ilustradoras, o interese da crítica por unha literatura que ata non hai moito se consideraba menor, o desenvolvemento dos clubs de lectura nos centros de ensino como instrumento de animación á lectura.
– G: Cal consideras que é o grao de coñecemento e respecto pola LIX galega?
– CDN:A LIX cada vez é moito máis coñecida e valorada, pero de maneira desigual. Hai un sector moi implicado: librarías, bibliotecas públicas e escolares, profesorado… Noutros ámbitos o coñecemento e o interese é moito menor. (…)”