Este
sábado 25 de setembro, a partir das 22:00 h., dentro da Festa da Cultura que se celebra en Riotorto, desenvolverase un recital poético de autores da chamada Xeración dos 80, no que intervirán Xavier Rodríguez Baixeras, Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Forcadela, Xulio Varcárcel, Xavier Seoane, Luísa Castro e Cesáreo Sánchez.
Ese mesmo día celebrarase a Feira do libro e do disco galego, no marco da cal se realizarán as seguintes presentacións:
17:00 h. Xosé Chao Rego, por Bernardo García Cendán e Marcos Maceira.
18:00 h. Rosalía, o clamor da rebeldía, por Pilar García Negro.
19:00 h. Noente paradise, con Ugia Pedreira e Raquel Miragaia.
O programa completo da Festa da Cultura, desde o venres 24 até o domingo 26, pódese consultar aquí.
Arenas da Coruña acolle o xoves 9 de setembro, a partir das 20:30 h., a presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones, que inclúe a varios de distintos poetas galegos. Na presentación participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: 

