A segunda
feira 10 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Elías Portela e o poeta islandés Sjón. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2017.
Arquivos da etiqueta: Concello da Coruña
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Emma Pedreira, o 1 de abril
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 1 de abril, con Emma Pedreira. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A Coruña: “A orixe medieval do nome da Coruña”, conferencia de Gonzalo Navaza
Paseo pola Coruña Literaria con Emma Pedreira, o sábado 1 de abril
Paseos pola Coruña literaria – Primavera 2017 é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na cidade:
Sábado 1 de abril (12:00 – 13:30 h): paseo con Emma Pedreira.
Este paseo é ao mesmo tempo un recital efémero, unha exposición fotográfica itinerante, unha homenaxe da poeta ao fotógrafo e ás rúas que pasearon e viviron xuntos como neta e avó, unha volta ao pasado nos tempos da guerra civil e, sobre todo, unha entrada exclusiva nun álbume de familia daquel neno que aprendeu o oficio da fotografía dentro dunha guerra.
A inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, pode facerse na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, a partir respectivamente das seguintes datas:
Para este Paseo con Emma Pedreira a inscrición está aberta desde o xoves 23 de marzo. Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
Os seguintes paseos serán estes:
– Sábado 22 de abril (12:00 h – 13:30 h): paseo con Beatriz Maceda.
– Sábado 6 de maio (12:00 h – 13:30 h): paseo con Nacho Taibo.
– Sábado 13 de maio (12:00 h – 13:30 h ): paseo con Francisco X. Fernández Naval.
A Coruña: recital de Celso Fernández Sanmartín e Natalia Toledo no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 27 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Celso Fernández Sanmartín e a poeta zapoteca Natalia Toledo. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2017.
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2017
Paseos pola Coruña literaria – Primavera 2017 é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Hai moitas formas de pasear pola cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na cidade:
Sábado 1 de abril (12:00 – 13:30 h): paseo con Emma Pedreira.
Este paseo é ao mesmo tempo un recital efémero, unha exposición fotográfica itinerante, unha homenaxe da poeta ao fotógrafo e ás rúas que pasearon e viviron xuntos como neta e avó, unha volta ao pasado nos tempos da guerra civil e, sobre todo, unha entrada exclusiva nun álbume de familia daquel neno que aprendeu o oficio da fotografía dentro dunha guerra.
Sábado 22 de abril (12:00 h – 13:30 h): paseo con Beatriz Maceda.
Camiñar, retornar ao barrio de Beiramar na compaña dos versos de Luísa Villalta e do pasado anarquista deste o meu lugar da infancia, que sempre mirou cara ao mar. No que aprendín que ser muller era sinónimo de afouteza, que os viquingos contaban historias máxicas e, que na vida hai barricadas.
Sábado 6 de maio (12:00 h – 13:30 h): paseo con Nacho Taibo.
O paseo percorrerá algunhas recordacións do autor sobre o centro da Coruña, fundamentalmente en relación cos escenarios da novela Os tres de nunca.
Sábado 13 de maio (12:00 h – 13:30 h ): paseo con Francisco X. Fernández Naval.
A Coruña: feminina e plural. Dous serán os fíos condutores: a particularidade de ser A Coruña unha cidade que deu, ou na que viviron, mulleres transcendentes no seu pensamento e nos seus feitos e, tamén, o de ser de sempre cidade liberal. Pasaremos por lugares vinculados a María Casares, María Miramontes, María Pita, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Herrera Garrido, Luísa Villalta. Falaremos do mito do nome da cidade, da razón da rúa das Damas, e invocaremos a Juana de Vega, Concepción Arenal, Isabel Zendal ou Eugenia Osterberger, sen deixar de atender ás referencias liberais que atoparemos camiño.
Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
A inscrición previa, obrigatoria e gratuíta, pode facerse na conserxería do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17) ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), ou en lingua@coruna.es, a partir respectivamente das seguintes datas:
– Paseo con Emma Pedreira: inscrición desde o xoves 23 de marzo.
– Paseo con Beatriz Maceda: inscrición desde o luns 10 de abril.
– Paseo con Nacho Taibo: inscrición desde o luns 24 de abril.
– Paseo con Chisco Fernández Naval: inscrición desde o martes 2 de maio.
A Coruña: visita guiada á exposición Airiños aires Rosalía, de Xurxo Lobato
Crónica fotográfica do Día de Rosalía de Castro na Coruña e Friol
Estas son algunas das fotografías dos actos promovidos pola AELG polo Día de Rosalía de Castro na Coruña e en Friol, o venres 24 de febreiro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A CORUÑA
FRIOL
A Coruña: presentación da exposición fotográfica Airiños aires. Rosalía, de Xurxo Lobato
A Coruña: recital de Marilar Aleixandre e Julia Uceda no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 6 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Marilar Aleixandre e Julia Uceda. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2017.