Desde o Consello da Cultura Galega:
“Foi un concerto único, cálido e particularmente emotivo arredor da figura de Rosalía de Castro. O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organizaron a xornada No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía celebrada o 7 de xuño nunha ateigada igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Máis de catrocentos nenos e nenas de 8 a 12 anos dos centros de ensino musical (conservatorios, escolas municipais e coros infantís) cantaron os poemas Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e dirixidos por Maximino Zumalave. A xornada veu sumarse aos actos conmemorativos do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863). Pola mañá os nenos e nenas participantes visitaron a Cidade da Cultura, onde realizaron o ensaio xeral. O concerto debía celebrarse na Praza da Quintana, mais as previsións meteorolóxicas aconsellaron levalo a Bonaval fuxindo da chuvia que, cumpridora da predicción, non faltou á cita. (…)
O acto foi presentado e conducido pola escritora Fina Casalderrey e acolleu tamén as intervencións de Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, e de Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Á igrexa de San Domingos de Bonaval acudiron asemade o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros, e a Xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, entre outras autoridades e representacións. (…)”
Arquivos da etiqueta: Consello da Cultura Galega
Santiago: cuarta xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega a cuarta xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 30 DE MAIO
ROSALÍA NO CONTEXTO INTERNACIONAL: PARALELISMOS E INFLUENCIAS; DIFUSIÓN E ACTUALIDADE. Coordinadora: Rosario Álvarez.
– 10:00 h. Modelos estéticos da obra rosaliana no contexto europeo, por Javier Gómez-Montero. Retrucante: Arturo Leyte.
– 12:00 h. Mesa redonda: Rosalía e o canon literario do seu tempo. Moderadora: Olivia Rodríguez González. Con María Xesús Lama López, José Manuel González Herrán e Fernando Cabo Aseguinolaza.
– 16:00 h. Flavio e mailo Cabaleiro vestidos de inglés, por Kathleen N. March. Retrucante: María Teresa Caneda Cabrera.
– 18:00 h. Mesa redonda: A proxección exterior da obra rosaliana. Moderador: Javier Gómez-Montero. Con Olga Castro, Jonathan Dunne e Áurea Fernández Rodríguez.
Unha ruada de papas e o unto, de Roberto Vidal Bolaño
Desde Cultura Galega:
“Co gallo do Día das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega editou este facsímile, que agora podes descargar de balde, da obra de teatro Ruada das papas e o unto. A obra foi estreada por primeira vez nas Pontes en 1981 por parte da primeira compañía de Vidal Bolaño, Teatro Antroido, e vale para comprender a traxectoria teatral e intelectual de Vidal Bolaño. Como sinala Inma López Silva nos textos introdutorios, Vidal Bolaño buscou as raíces do teatro galego nas manifestacións populares parateatrais, coma o Entroido. O resultado: este fermoso mecanoscrito que nos achega ao coidadoso proceso creativo de Vidal Bolaño.”
Santiago: Concerto do Día das Letras
Santiago: terceira xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega a terceira xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 25 DE ABRIL
CARA A UNHA INTERPRETACIÓN GLOBAL DE ROSALÍA: HERMENÉUTICA, FONTES E EDICIÓN. Coordinador: Anxo Angueira.
– 10:00 h. Para unha interpretación integral da obra rosaliana, por Xesús Alonso Montero,. Retrucante: Dolores Vilavedra.
– 12:00 h. Mesa redonda: Editar Rosalía. Moderador: Anxo Angueira. Con Henrique Monteagudo, Aurora López, Ana Rodríguez Fischer e Juan Barja.
– 16:00 h. Mesa redonda: O mundo editorial da época. Moderador: Andrés Pociña. Con Xurxo Martínez González, Santiago Díaz Lage e Carmen Pérez Pais.
– 18:30 h. Gótico e romantismo alemán en Rosalía:
* Rosalía e o Volksgeist; resonancias do romanticismo alemán no contexto galego, por Derek Flitter.
* A cuestión do gótico nas novelas de Rosalía, por César Domínguez.
Ollar o libro desde o seu día
Desde Cultura Galega:
“O pasado venres 19 de abril, coa ollada posta no Día do Libro que se celebra hoxe, a Asociación Galega de Editores facía un chamamento á sociedade. O descenso de axudas pública, sumado á diminución de compras particulares e ao investimento necesario para incorporarse ás novas tecnoloxías sitúan ao sector nunha situación difícil. Repasamos os indicadores da edición galega da man do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega e mais da Asociación Galega de Editores. (…)
Dentro dos datos que salienta a Asociación Galega de Editores no texto, destaca a especial depresión pola que pasa a edición na nosa lingua, especialmente se a comparamos con outras do estado. Segundo os editores, os lanzamentos en galego en 2011 foron un 16% menos do que no ano anterior, tanto en Galicia como no exterior, mentres que a falar das obras deste tipo que se editaron en Galicia, a diminución chega ao 18,60% no período sinalado. A teor destes datos, están en galego o 48,67% dos libros que se editan no noso país, o que supón unha diminución do peso no total, xa que a nosa lingua chegou a ser o 60% da produción editorial do país en 1990. Son editoras privadas as que cargan co 90% da produción de obras en galego. (…)”.
Follas Novas: descarga a primeira edición
Desde Cultura Galega:
“”Gardados estaban, ben podo dicir que para sempre, estes versos (…), cando non sen verdadeira pena, vellos compromisos obrigáronme a xuntalos de presa”. Así inicia Rosalía de Castro as súas palabras previas á primeira edición en 1880, en La Habana, do seu libro de versos en galego Follas Novas. Desde aquela, os amantes da poesía galega de Rosalía divídense entre aqueles que prefiren Cantares gallegos ou os que se manifestan a favor de Follas Novas como a principal obra en galego de Rosalía Castro. Agora podes ti tamén entrar no debate e escoller entre os dous textos. Co gallo do Congreso Internacional Rosalía de Castro, o CCG ceibou a primeira edición, habaneira, de Follas novas (en 1880).”
Cantares para Rosalía: nove poetas galegas dialogan cos versos de Rosalía
Santiago: Segunda xornada do Congreso Internacional Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada
Chega a segunda xornada de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, congreso internacional dividido en 5 xornadas e un congreso virtual, organizado polo Consello da Cultura Galega. Contará coa participación de especialistas na obra rosaliana de diferentes xeracións e de dentro e fóra de Galicia que achegarán olladas renovadoras desta autora única. O programa é o seguinte:
XOVES 21 DE MARZO
DO PRIVADO AO PÚBLICO: A CONFIGURACIÓN DA ROSALÍA ESCRITORA. Coordinadora: Dolores Vilavedra.
– 10:00 h. Avances na investigación da biografía rosaliana. Por Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Retrucante: María do Cebreiro Rábade.
– 12:00 h. Mesa redonda: As imaxes en Rosalía, as imaxes de Rosalía. Moderadora: Marta Pérez Pereiro. Con Helena Miguélez, Arantxa Serantes e Fernando Pereira Bueno.
– 16:00 h. O paradigma autorial de Rosalía de Castro: unha denominación de orixe, por Pilar García Negro. Retrucante: María López Sández.
– 18:00 h. Recital poético.
Santiago: conferencia de Manuel Rivas
O martes 5 de marzo, ás 19:00 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi), en Santiago de Compostela, Manuel Rivas pronunciará a conferencia inaugural do Festival Atlántica de narración oral, con entrada libre e gratuíta.