Estas son algunhas das fotografías da Polavila DoCampo, que tivo lugar o 3 de abril no Pazo de San Marcos. Deputación de Lugo, organizada pola Iniciativa Polavila Docampo, a Deputación de Lugo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e ProLingua. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (fotografías enviadas por Ghanito).
Arquivos da etiqueta: Daniel Puente Bello
Lugo: Polavila Xabier P. DoCampo. Na memoria, o 3 de abril
A Polavila DoCampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, por volta do 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
Este ano ten lugar a segunda edición, que se vai celebrar o 3 de abril no Pazo de San Marcos. Deputación de Lugo, na cidade de Lugo.
O Programa previsto é o seguinte:
– 19:00-19:15 horas. Apertura da Polavila nos xardíns (no caso de choiva, na Sala de exposicións do Pazo).
– 19:15-19:45 horas: Lectura pública e continuada de textos de Xabier P. DoCampo, en especial da novela A nena do abrigo de astracán, a cargo das súas amizades, nos xardíns (no caso de choiva, na Sala de exposicións do Pazo).
– 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila DoCampo 2025, no salón de actos da Deputación de Lugo.
Conducida por Lois Pérez e Antonio Reigosa.
Contará coa presenza de Pepe Coira e Paco Martín.
Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Beatriz Dourado, Marica Campo e Xosé Miranda.
Rematará a gala cunha rolda de contos de Ana Carreira, Celso Sanmartín e Benxamín Otero.
A música correrá a cargo da cantora Xiana Lastra, acompañada doutra integrante d’A banda da Loba e Benxamín Otero.
Organizan a Iniciativa Polavila Docampo, a Deputación de Lugo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e ProLingua.
A Coruña: Polavila Xabier P. DoCampo. Na memoria, o 5 de abril
A Polavila Docampo é unha homenaxe pública e itinerante ao mestre e escritor Xabier P. DoCampo, que terá lugar cada ano nunha provincia e cidade distinta, o 5 de abril, coincidindo coa data do seu nacemento.
A deste ano é a primeira e celebrarase no Fórum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos, 1). Nela participarán poetas, músicos, narradoras/es orais, cantoras, escritoras e escritores e outras amizades.
Programa da xornada do 5 de abril 2024:
– 18:00-18:15 horas: apertura da Polavila, da exposición bibliográfica sobre Xabier DoCampo e das adhesións recibidas de bibliotecas escolares, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 18:15-19:00 horas: Vouche contar un conto, sesión de contos para público familiar na sección infantil da Biblioteca do Fórum Metropolitano. Require inscrición previa.
– 19:00 – 19:45 horas: Catro cartas, lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier DoCampo, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.
– 20:00- 22.00 horas: Gala Polavila Docampo 2024, no auditorio do Fórum Metropolitano. Entrada libre até completar capacidade. Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco. Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín. Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero. Haberá lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades: Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira. A música correrá a cargo da cantora Uxía.
Ademais, o 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, ás 11 da mañá haberá un encontro cos clubs de lectura das bibliotecas municipais na Biblioteca do Fórum Metropolitano coa participación de María Xesús Fernández (crítica e tradutora de LIX), Xosé Cobas (ilustrador) e Martin Pawley (crítico de cinema). E durante todo o mes de abril a sala de cinema Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano rende homenaxe ao escritor Xabier P. DoCampo a través da súa programación.
Organizan a Iniciativa Polavila Docampo, a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (Concello da Coruña) e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Lugo: presentación de De paraugas, de Paco Martín
O martes 18 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21), en Lugo, terá lugar a presentación do libro De paraugas, de Paco Martín, ilustrado con fotografía de Daniel Puente Bello, publicado por Xerais. No acto, xunto a autor e ilustrador, participan Xabier P. DoCampo, Xavier Senín e Manuel Bragado.
Monforte: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas
Dentro da XV edición da Feira do Libro de Monforte, que se desenvolve na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, o venres 24 ás 20:00 horas, preséntase Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado en Everest Galicia. No acto, xunto á autora, participan Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello. O programa completo pódese descargar aquí: XV Feira do Libro de Monforte.
Viveiro: comeza a Feira do Libro
Iníciase a XVI Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o xoves 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes. As actividades máis destacada deste primeiro día, luns 13, son as seguintes:
– 13:00 h. Pregón inaugural a cargo do escritor Xavier Alcalá.
– 19:30 h. h. Presentación do libro Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicado en galego por Editorial Galaxia e en castelán por editorial Nowtilus. Xunto co autor participa no acto o xornalista Ernesto Sánchez Pombo.
– 20:30 h. Presentación do libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas e publicado pola Editorial Everest Galicia. Participan a autora, Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello.
– 21:30 h. Mesa redonda Segredos da novela histórica. Participan: Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
Vigo: actividades destacadas do sábado 30 e domingo 1 na Feira do Libro
Continúa a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo son:
* Sábado 30 de xuño:
– 19:00 h.: presentación de Dun tempo e dunha terra. Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro, de Gonzalo Navaza, publicado en Tambre. No acto participa, xunto ao autor e o ilustrador David Pintor, Luís Ferreiro e Ignacio Chao.
– 20:00 h.: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Tambre. Xunto á autora participan Daniel Puente Bello e as Poetas da Hostia.
– 21:00 h.: presentación de Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costa Currás, publicado en Barbantesa. No acto, xunto ao autor, participa Ledicia Costas.
* Domingo 1 de xullo:
– 19:30 h.: sinatura de exemplares de Artur, de Xosé Manuel González, “Oli”, publicado en Kalandraka.
– 21:00 h.: Enogastrofonías ferreirianas, percorrido por Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, a música e o viño. Preséntase o monográfico da revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Participan: Aser Álvarez, Alexandre Meire e Mario Poti.