Desde
Brétemas, de Manuel Bragado:
“Moi interesante resultou a presentación que onte fixemos na Feria do Libro de Vigo d´A dúbida de María Reimóndez. (…)
Confesou que lle resultara difícil escribir esta novela que “debía responder a un formato moi compacto, ao xeito dun reloxo suízo”. “O texto naceu a partir do premio de novela por entregas de La Voz de Galicia. Fíxeno para subverter a forma e para facer unha escrita estratéxica, aquela que utiliza as formas para dar a palabra. Utilicei un formato de escrita doada de intriga coa intención de contar unha historia distinta das que decote utilizan este formato”. “Aínda que formalmente sexa singular, tematicamente insírese nas preocupacións da miña obra. Para abordar o tema dos abusos sexuais, entre a escolla de centrar a narración na vítima ou na muller do agresor, decidín utilizar unha perspectiva oblícua, consciente de que os abusos se agochan. A miña intención foi crear a dúbida no lectorado. Que faría cadaquén se vivise un caso semellante? Remato anunciando que na súa web publicaranse vídeos nos que persoas relacionadas co tema dos abusos sexuais a menores falan da relevancia da novela para a visibilización deste tipo de violencia.””
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o luns 4
O
luns 4 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro, publicado por Galaxia. Intervén, xunto ao autor, Francisco Castro.
– 19:45 h. Presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva, publicada por Galaxia. No acto, xunto á autora, interveñen María Xosé Porteiro e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Alberte Momán asina exemplares de Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 20:00 h. Sinatura de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h. Presentación de A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con Gema Zunzunegui e Manuel Bragado.
Ledicia Costas: “A miña novela é unha homenaxe a Vigo”
Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 1
O
venres 1 comeza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Presentación de Lendo lendas, digo versos e Galicia encantada, con Antonio Reigosa, publicados por Xerais.
– 18:45 h. Conversa con Pedro Feijóo arredor de Morena, perigosa e románica, publicada por Xerais.
– 19:30 h. Faladoiro con Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta, publicados por Xerais.
– 19:30 h. Sesión de sinatura de oso, mamá si?, con María Lado.
– 20:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Intervencións: Farruco Graña, Concelleiro de Cultura. Pregón inaugural a cargo de Antonio Reigosa.
– 20:30 h. Presentación de Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata), con Pablo Vivín e Ramón Villares, publicado polo Consello da Cultura Galega.
– 21:15 h. Sempre en Ibiza. Aldaolado.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 1
O
venres 1 de xullo comeza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 12:00 h. Pregón de Antonio García Teijeiro. Ao remate o autor asinará exemplares da súa obra na caseta da secretaría da feira.
– 19:00 h. Presentación dos libros de teatro As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro, e Moito Morro Corporation, de Carlos Labraña, publicados por Galaxia. Haberá unha representación teatral dun fragmento das dúas obras.
– 19:30 h. Sinatura de As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h. Presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Marga Romero, José Yuste Frías e Fran Alonso.
Verín: presentación de Contos e lendas arraianos, de José Rodríguez Cruz
Pontevedra: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Anxo Fariña: “Son un contador de historias que usa varios medios para expresarse”
A Coruña: conversa arredor de O anxo negro, de Manuel Gago
Entrevista a Ramón Nicolás no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O crítico literario Ramón Nicolás estréase como narrador coa novela O espello do mundo. A entrevista pode escoitarse aquí.”




