Jamas: “O maior virus da sociedade non é a Covid, é a ignorancia”

Entrevista a Jamas en Balea:
“(…) – Balea (B): Houbo quen lle deu ao deporte, outros a ver películas e ti escribiches un libro [Diario dun pirata confinado]. Dende logo non está nada mal!
– Jamas (J): Hai que darlle! A min sempre me molou escribir dende pequeno, sobre todo poesía. O que pasa é que nunca me decidín a intentar publicar nada máis aló do rollo musical. Ter tempo tamén axuda. E se algo tivemos no cativerio, foi tempo.
– B: No libro hai unha mestura entre realidade e ficción, pero ata que punto isto é así? Hai máis realidade ou ficción?
– J: Penso que hai máis realidade. E incluso hai capítulos e vivencias que seguro que a xente pensa que son ficción e son totalmente verídicos, pero tamén hai ficción porque me interesaba viaxar un pouco máis alá da rutina deses días. (…)
– B: Dis no libro que a maior loita contra a situación era ter un sorriso nos beizos.
– J: Eu creo que hai que ser optimistas e positivos sempre. Se estás fodido, sexa con isto ou con outra cousa, o tempo pasa igual e non diferencia entre amargura e felicidade. Á parte, tendo unha pequena que tiña 17 meses cando comezou todo, non o podes permitir. Hai momentos nos que si, todos somos humanos e podemos estar mal. E se vives nun piso non é como se tes unha casa grande. Daba unha perna eu por catro metriños de leira aínda que sexa para poder respirar.
– B: A pandemia era para todos pero ao final si que entendía de clases.
– J: Si que entende, por desgraza si. E xa non é a sorte de ter un chalé con piscina, só con ter unha casiña na aldea, que xa non é de xente con cartos a maioría, a calidade de vida é un salto criminal respecto a estar nun piso. E xa non che digo un apartamento ou así. E xa se vive unha persoa soa… iso debeu ser caldo de cultivo de moitas enfermidades mentais. (…)”

O Porriño: actos da Feira do Libro 2021

Compostela: actividades destacadas dos 15 e 16 de maio na Feira do Libro 2021

Os 15 e 16 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este fin de semana:

Sábado 15
12:00 h. Hortensia Bautista asina Bambán de vento, publicada pola Fundación EDMAIA.
13:00 h. Teresa Ríos asina Non estamos preparados para medrar, publicado por Urutau.
18:00 h. Victoria García (autora) e Laura Cortés (ilustradora) asinan As formiguiñas fiandeiras, publicado por Hércules.
19:00 h. Luís Rodríguez Cao asina As viaxes de Xurxo, publicado por Medulia.
20:00 h. Teresa Moure asina A tribo que conserva o lume, publicado por Através, e Sopas New Campbell, publicado por Cuarto de Inverno.
20:00 h. Susana Sanches Arins asina SuperUlex, publicado por Cuarto de Inverno.

Domingo 16
13:00 h. Ramón Sánchez asina Vagar de náuseas, publicado por Urutau.
18:00 h. Raquel Castro asina Dormente, publicado por Galaxia.
18:00 h. Ledicia Costas asina Os minimortos e A señorita Bubble. Baixo cero, publicados por Xerais.
19:00 h. Arancha Nogueira asina A mestra corremundos, publicado por Cuarto de Inverno, e #hastags para un espazo / confinamento agónico, publicado por Positivas.
19:00 h. Rocío Viéitez Ferro (tradutora) asina Mociñas, de Louisa May Alcott, publicado por Laiovento.
20:00 h. Daniel Salgado asina Os paxaros e outros poemas, publicado por Xerais.
20:00 h. Xosé Carlos Carracedo Porto asina Diario dun confinamento, publicado por Bolanda.

Compostela: actividades destacadas do 13 de maio na Feira do Libro 2021

O 13 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

18:00 h. Jamas asina Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
18:00 h. Antonio Raúl de Toro Santos e José Miguel Alonso Giráldez asina Fisterras Atlánticas, publicado por Medulia.
19:00 h. Beto Luaces asina Vicus, publicado por Bolanda.
19:00 h. Anu Pitkanen (tradutora) asina Colores no mar e Sen rastro do gato, publicados por Hércules.
20:00 h. Marilar Aleixandre asina As malas mulleres, publicado por Galaxia.
20:00 h. Nee Barros asina Identidade, publicado por Galaxia.